31 de marzo de 2020
As persoas voluntarias da UDC súmanse aos 531 voluntarios e voluntarias cos que xa conta o Dispositivo especial de voluntariado da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación
O voluntariado da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña comeza a colaborar no dispositivo que, con motivo do COVID-19, puxo en marcha o Concello da Coruña para asistir presencialmente facéndolles recados a persoas con especial vulnerabilidade e mobilidade reducida e para atender as chamadas da liña telefónica gratuíta "Acompáñote", que axuda a combater a soidade durante o confinamento.
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación ofrécelle á institución educativa a detección das necesidades que a veciñanza presenta durante o estado de alarma. Pola súa banda, a UDC préstalle ao concello os servizos das persoas voluntarias da súa Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) para que se sumen aos 531 voluntarios e voluntarias cos que xa contaba até o momento esta Administración local. Deste xeito, o voluntariado da UDC pasa a realizar os mesmos servizos que están a desempeñando as persoas voluntarias do Dispositivo especial de voluntariado da Concellería de Benestar Social.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible