Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de marzo de 2020

Benestar Social abre unha nova convocatoria dos Locais de Ensaio para o vindeiro semestre

O prazo de inscrición remata o 22 de marzo e como requisitos a concellería esixe que a metade das persoas integrantes do grupo non superen a trintena e que estean vivindo ou cursando estudos nun centro do municipio

A Concellería de Benestar Social abre o prazo de inscrición nos Locais de Ensaio, en que se convocan ata 48 prazas semanais para o vindeiro semestre. Para apuntarse, requírese que a metade das persoas integrantes do grupo sexan menores de 30 anos e que o 50% da agrupación acredite que vive ou cursa estudos nun centro do municipio.

En locaisdensaio.blogspot.com pódense consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e consultar toda a documentación esixida para solicitar unha vacante antes do 22 de marzo. Este espazo municipal está dotado con todo o necesario para que as bandas só teñan que achegar ao Coliseum as súas guitarras, baquetas e as ganas de tocar. Ademais, contan cun estudo de gravación onde materializaren as súas primeiras maquetas, e dispoñen dun departamento de imaxe co fin de completaren a súa posta en escena coa elaboración de logotipos, fotografías e demais arquivos que os axuden a chegar ao seu público, así como diversos eventos en que mostraren en directo o seu traballo.

Nos últimos meses notouse un incremento dun 20% no interese deste servizo, que deu acubillo a 45 grupos. Máis dun terzo deles presentaron a súa música en directo durante o anterior semestre e algúns deles mesmo publicaron disco nas últimas datas (Crimson And Clover, El Chico de la Última Fila) ou están a piques de facelo (Dequensessendo). Outros como WetSocks e Crystal Somnia ultiman  os seus videoclips.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión