Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lenzos e partituras

Vídeo-exposición

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/12/2022 ata o 30/04/2023

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Organiza:

Fundación Luis Seoane

Contacto:

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

Lenzos e partituras é unha serie web documental que explora as confluencias entre a música e as artes visuais do século XXI. Promovido polas asociacións culturais AÏS e Alexandre Bóveda, o proxecto nace durante o Nadal de 2020 co obxectivo de lles proporcionar un espazo a diferentes creadores da cidade da Coruña para establecer conexións entre distintas disciplinas artísticas e favorecer deste xeito a difusión dos seus procesos de traballo, limitados nese momento pola pandemia.

Dirixida polo compositor Hugo Gómez-Chao, con guión e voz da actriz Chus Álvarez, a serie amosa o diálogo que estableceron creadores e intérpretes ao longo de once capítulos, dez sobre artistas plásticos e un especial acerca da exposición colectiva "Un mundo que sofre baixo un manto de flores" na que se recolleron os traballos froito das diferentes colaboracións. Agora, o proxecto transfórmase nun vídeo exposición na Fundación Luís Seoane que recolle a totalidade da serie nunha montaxe audiovisual que busca difundir unha iniciativa na que participaron preto de medio cento de artistas.

Artistas: Soledad Penalta, Noè Rodrigo Gisbert, Xurxo Gómez-Chao, Florian Vlashi, Rediana Lukaçi, Jesús Núñez, Pedro Galilea, Berthold Hamburger, Julia Ares, Rafael Fernández Rodríguez, Luisa Valdés, Sergio Delgado, Gosia Trebacz, Wilson Ortega Rueda, Emile Gireu, Teo Soriano, Yolanda Dorda, Despina Ionescu, Tomás Ionescu, Iria do Castelo, Pablo Coello, Ruslana Prokopenko, Wladimir Rosinskij e Exposición colectiva "Un mundo que sofre baixo un manto de flores"

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión