Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de diciembre de 2022

O estudo estará a exposición pública durante o prazo dun mes

O Concello da Coruña aproba o estudo de viabilidade preciso para sacar a licitación a xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto de reurbanización do espazo público na ARRU das Casas de Franco, unha intervención de rehabilitación no Ventorrillo que conta cun orzamento de 470.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a tramitación do informe de viabilidade da explotación do Centro de Tratamento de Residuos localizado en Nostián, o paso previo, e fundamental, para a licitación da xestión das instalacións de tratamento de residuos.

O informe abrangue unha revisión da situación actual da planta de residuos de Nostián e a definición dos obxectivos en base ao estudo de viabilidade.

O estudo en cuestión propón acometer unha serie de actuacións e investimentos con vistas a mellorar as instalacións de Nostián baixo uns parámetros moi concretos: a optimización de procesos e, principalmente, a adaptación da planta de residuos para garantir o cumprimento da normativa medioambiental vixente, co obxectivo de centrarse na prevención e a reciclaxe en base ás últimas actualizacións lexislativas europeas.

Desta forma, e tras a aprobación deste informe, o Goberno de Inés Rey avanza no proxecto de mellora das instalacións de Nostián, inauguradas en xaneiro do ano 2002.

Actuacións de rehabilitación urbana

Tamén este luns, a Xunta de Goberno Local aprobou a solicitude de participación do Concello no Programa de Axuda ás Actuacións de Rehabilitación a Nivel de Barrio, adscrito ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que financia a Unión Europea a través de fondos Next Generation.

O pasado 17 de outubro, o Concello presentou formalmente a súa inclusión no programa de axuda ás actuación de rehabilitación a nivel de barrio. O plan abrangue unha ambiciosa mellora do parque de vivendas no Barrio das Flores, con 126 intervencións de carácter urbanístico, así como da súa eficiencia enerxética.

Nesta fase, o principal obxectivo é a execución do plan de mellora da accesibilidade no itinerario peonil entre a praza dos Freixos e a rúa dos Castiñeiros, no sector norte do barrio. Ademais, o Concello prevé tamén unha ampliación das instalacións da Oficina Municipal de Rehabilitación para facilitar os trámites aos cidadáns que alí soliciten as axudas.

Nos casos particulares da Cidade Vella - Pescaría, o grupo de vivendas María Pita - Labañou e as Casas de Franco, o Goberno municipal busca darlle continuidade ao plan de intervencións xa executadas, ou previstas, nestes tres ámbitos.

No ámbito da Cidade Vella - Pescaría, coa previsión de 42 novas actuacións, inclúese o plan de reurbanización da rúa San Andrés, no tramo comprendido entre a Praza de Pontevedra e a rúa Pórtico de San Andrés.

No caso do grupo de vivendas María Pita - Labañou, o Goberno de Inés Rey, acometerá un amplo plan de melloras, con 40 actuacións previstas, na zona máis transitada dentro da urbanización, unha área delimitada pola avenida de Labañou, a rolda de Outeiro e a rúa Tomás Fábregas. Agora, coa obtención destes fondos, o Goberno municipal prevé múltiples melloras en accesibilidade e a renovación integral do firme.

Por outra banda, nas Casas de Franco - Ventorrillo, con 76 intervencións en proxecto, prevese a remodelación das rúas interiores do ámbito para acometer melloras de accesibilidade aos portais dos edificios residenciais e a reurbanización da contorna para a disposición de espazos máis humanizados, para o uso da cidadanía.

Neste sentido, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto de reurbanización do espazo público na ARRU das Casas de Franco. Esta intervención de rehabilitación conta con 470.000 euros de orzamento, despois de que o Pleno aprobase, a semana pasada, un modificativo de crédito que incrementa en 90.000 euros os fondos municipais con vistas a acometer os traballos.

600.000 euros para a edición 2023 do programa municipal 'Talón Restaurante'

Por outra banda, o Concello autorizou hoxe o procedemento de tramitación anticipada para a posta en marcha do programa municipal 'Talón Restaurante', que nesta nova convocatoria, con vistas ao ano 2023, está dotado con 600.000 euros de orzamento.

O programa municipal 'Talón Restaurante', impulsado a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, ten como finalidade esencial a prevención da dependencia, a promoción da autonomía das persoas maiores e tamén do envellecemento activo, promovendo a relación das persoas maiores coa súa contorna social máis próxima, e proporcionándolles unha alimentación equilbrada. Ademais, promocionarse o mantemento dun importante sector económico da cidade, como é a hostalería, así como o fomento do emprego.

Neste sentido, o Concello sufragará parcialmente o custo do menú que os establecementos hostaleiros poderán ofertar, a un prezo máximo de 8 euros (IVE engadido), ou ben un menú económico, por un máximo de 6,20 euros (IVE engadido).

Do importe de cada menú, o Concello achegará:

  • 4,44 euros (IVE engadido), no caso das persoas que teñan unha capacidade económica superior ou igual ao IPREM.
  • 6 euros (IVE engadido), cando a capacidade económica da persoa sexa inferior ao IPREM, sendo a cargo da persoa admitida ao programa a cantidade restante ata o total do prezo do menú.

O programa executarase entre os meses de xaneiro e decembro de 2023.

Concesión de tres subvencións nominativas

Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a autorización e concesión de tres convenios nominativos con entidades sociais e recreativas da cidade.

En primeiro lugar, 91.000 euros destinados á Reunión Recreativa e Instructiva de Artesáns, co obxectivo de contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento da entidade, así como das actividades culturais que leva a cabo.

Por outra banda, financiarase cun total de 259.000 euros dous programas de desenvolvemento do modelo 'housing first' na cidade, que executarán a Fundación Red de Apoyo a la Integración Sociolaboral (RAIS), perceptora de 85.000 euros, e a Asociación Provivienda, que recibe 174.000 euros. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión