Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de decembro de 2022

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, subliñou o valor das actividades, nas que participan 10.000 persoas cada ano, como ferramenta de socialización e loita contra a soidade non desexada

O Concello da Coruña lanza a nova programación de actividades para todas as idades nos centros cívicos

A partir de mañá, martes 13 de decembro, e ata este xoves 15, pode realizarse a preinscrición para a nova programación de actividades socioculturais que se levarán a cabo en toda a rede de centros cívicos da cidade. Nesta convocatoria ofrécense máis de 350 actividades.

Pódese consultar xa na web do Concello da Coruña, a través de Servizos Sociais,  Actividades Convocatoria Xaneiro 2023 , que se levarán a cabo en toda a rede de centros cívicos da cidade para o vindeiro anode xaneiro a maio.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, subliñou que "as actividades dos centros cívicos, nas participan máis de 10.000 personas cada ano, son unha ferramenta fundamental para fomentar a socialización e loitar contra a soidade non desexada".

A programación de  Actividades Convocatoria Xaneiro 2023 cubre un amplio abano de actividades para todas as idades -menores de ata 12 anos, interxeracionais e para maiores de 60 anos-, ás que se suman un total de 40 clubs. A oferta de programación inclúe actividades relacionadas co benestar (pilates, tai-chi, yoga, aeróbic), artísticas (canto, pintura), artesanais (gancho, costura, bordado), cociña e cultura, entre moitas outras. 

Ademais, a programación específica para maiores abrangue actividades de memoria e orientadas ao manexo das novas tecnoloxías. As ideadas para os máis pequenos, ademais de actividades lúdicas, ofrecen tamén apoio escolar e inglés.

A preinscrición poderá realizarse desde mañá ás 8.00 horas, cubrindo, na seguinte ligazón, o  Formulario de preinscrición en actividades . Soamente aquelas persoas que non teñan acceso a Internet poderán realizala chamando por teléfono ao número 881150637 en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Cada persoa poderá solicitar como máximo tres actividades e tres clubs por orde de preferencia. Neste sentido, a persoa solicitante terá que cubrir un primeiro formulario, referente ás actividades; e un segundo formulario, referente ás súas preferencias no tocante aos clubes. As persoas empadroadas no Concello da Coruña terán prioridade fronte a solicitantes doutros concellos.

Os prazos de publicación das listaxes

As listaxes provisionais das preinscricións publicaranse o 20 de decembro e poderán presentarse reclamacións o día 21 de decembro, a través do teléfono gratuito 010.

O día 22 de decembro levaranse a cabo en cada centro cívico dous sorteos independentes para a adxudicación das prazas: un, para as actividades, e outro, para os clubs.

As listaxes das persoas admitidas publicaranse o día 5 de xaneiro nos centros cívicos, na web do Concello. Tamén poderán consultarse a través da oficina de atención ao cidadán (teléfono 010).

A inscrición e o pagamento das taxas faranse os días 9, 10 e 11 de xaneiro. Cada persoa admitida recollerá o impreso de autoliquidación de taxas na conserxaría do centro cívico correspondente. Este impreso é necesario para poder aboar na entidade bancaria o prezo público que corresponda. Unha vez realizado o pagamento na entidade bancaria, acudirase ao centro cívico no que se realiza a actividade co xustificante conforme realizou o pagamento. O trámite de presentación deberá realizarse -necesariamente- dentro do prazo establecido para a inscrición xa que de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.

A partir do 12 de xaneiro xestionarase a listaxe de agarda. As actividades comezarán o día 30 de xaneiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión