Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de septiembre de 2022

O Concello da Coruña promove o desenvolvemento sostible a través da arte urbana co concurso ‘Muros que unen’

Outorgarase un premio de 2.000 euros por cada un dos tres murais que se plasmarán no patio do CEIP Sal Lence

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, fomentará o coñecemento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a través do quinto concurso 'Muros que unen', organizado xunto co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O certame encádrase no convenio acordado entre ambas as partes para realizar actividades de sensibilización fronte ás desigualdades. O crecemento inclusivo e o traballo decente, a innovación e a industrialización sostible e mais a redución das desigualdades serán os temas centrais das obras, que calquera persoa ou colectivo pode presentar ata o 3 de outubro.

Con 'Muros que unen' o Goberno municipal de Inés Rey busca dar a coñecer, a través da arte urbana, as 17 metas globais fixadas polos Estados membros da ONU a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas no marco da Axenda 2030. Co fin de fomentar ademais o pensamento crítico e a participación cidadá na construción de cidades inclusivas, a quinta edición de 'Muros que unen' centrarase en tres deses 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que os municipios deben contribuír a acadar.

Trátase do ODS 8: Promover un crecemento económico inclusivo e sostible, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todas as persoas; o ODS 9: Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sostible e fomentar a innovación e mais o ODS 10: Reducir a desigualdade en e entre os países. Anteriormente xa se representaran tamén en espazos públicos do municipio os ODS 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 11.

Outorgarase un premio de 2.000 euros por cada un dos tres ODS, que se plasmarán no patio do CEIP Sal Lence, para o que a organización facilitará todos os materiais necesarios. A técnica será libre, e ao concurso poden presentarse ata dúas propostas por artista, seguindo o procedemento establecido nas bases, que poden consultarse en www.fondogalego.gal. As obras deben ser inéditas, de xeito que non se teñan recreado nunha parede con anterioridade nin premiadas noutros concursos. Calquera dúbida pódese consultar no enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.gal ou no teléfono 604 040 890.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión