Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xaneiro de 2020

O concello dotará a Emvsa dun regulamento para a captación de vivenda en réxime de alugueiro co obxectivo de erradicar as infravivendas

Representantes do Goberno local recibiron en María Pita a varios membros de Stop Desahucios A Coruña para abordar a situación da vivenda na cidade. A titular de Benestar Social, Yoya Neira, asegurou que “o Goberno local traballa en paralelo noutra convocatoria para a captación de vivenda e axudas para a poboación que se encontra nunha situación máis normalizada pero que tamén require este tipo de axudas”.

A alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Vivenda, Juan Díaz Villoslada, e a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, recibiron esta mañá no Pazo Municipal de María Pita as persoas representantes de Stop Desahucios A Coruña para abordar a situación da vivenda na cidade.

A edila de Benestar Social explicou que, en materia de vivenda, "o Goberno local está a elaborar o regulamento que lle permite a Emvsa efectuar unha convocatoria pública para captar vivenda, específica para a infravivenda, e que sairá á luz proximamente". Deste xeito, Neira anunciou que "ao mesmo tempo estamos traballando noutra convocatoria para a captación de vivenda e axudas para a poboación que se encontra nunha situación máis normalizada pero que tamén require este tipo de axudas".

A edila matizou que "os servicios técnicos do concello, tanto da Concellería de Urbanismo como da Asesoría Xurídica, van estudar como se poden articular estas medidas para fomentar que as vivendas baleiras se poidan poñer a disposición do alugueiro social ou mesmo que se poidan crear axudas para rehabilitar as vivendas nas que non vive ninguén e que se poidan poñer en servizo de aluguer".

A titular de Benestar Social dixo que "xa existen promocións de vivenda que van ser integramente para colectivos desfavorecidos como é o caso de Marqués de Pontejos e do Ofimático" e que se está a traballar en paralelo "nas dúas convocatorias anteriormente explicadas priorizando a de infravivenda que se publicará proximamente".

Rocío Gómez Lema, membro da plataforma, valorou a reunión de "satisfactoria" posto que "se nos informou de que o Goberno local está dotando de contido real relacionado coa vivenda a Emvsa e ata o de agora esta entidade abarcaba moitas áreas que non eran específicas do alugueiro". Neste senso, Gómez Lema asegurou que "con dous desafiuzamentos ao día por impagamento de alugueiro na Coruña é moi positivo que exista na Administración local un organismo dedicado exclusivamente a isto".

Pola súa banda, a membro de Stop Desahucios explicou que puxeron a disposición do concello "a información coa que contamos dunha moratoria que houbo ao respecto de familias vulnerables para non executar durante un tempo desafiuzamentos por impagamento de hipoteca" e, tendo en conta que esta moratoria remata en maio de 2020, informáronos da "urxencia de aplicar o principio de prevención e que teñan en conta esta realidade".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión