Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de xaneiro de 2020

O concello estudará as peticións de mellora da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes)

O Goberno local mantén na actualidade un convenio de colaboración con esta entidade provincial e non lucrativa que cre necesario máis apoio das administracións debido ao crecemento da demanda das persoas con autismo

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, recibiron esta mañá no Pazo Municipal de María Pita a presidenta de Aspanaes, M.ª José Álvarez Folgar, e a directora xerenta da mesma asociación, M.ª Teresa Tiemblo Marsal.

O Concello da Coruña e Aspanaes manteñen actualmente un convenio de colaboración e reunións periódicas. A presidenta da asociación explicou que o obxectivo deste encontro é "formularlle á Administración local a mellora deste convenio que actualmente non é suficiente, xa que a demanda das persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista) aumentou moito", en concreto, "a prevalencia de nacementos de persoas con TEA creceu un 25% nos dous últimos anos".

Esta solicitude de mellora no convenio vixente céntrase na necesidade de apoio na atención temperá e atención en xeral a persoas con autismo, así como na axuda económica para o proxecto de Aspanaes dunha residencia en Eirís. Álvarez Folgar detallou que "a mocidade de 16 anos que remata a escolarización non ten praza, estamos realmente desbordados, polo que a creación desta residencia sería un desafogo para todos" e, asegura, "vemos moi saudable para a cidade da Coruña crear sinerxías colaborativas".

Aspanaes é unha entidade provincial non lucrativa de acción social, declarada de Utilidade Pública desde o ano 1996, que leva catro décadas especializada no ámbito do autismo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión