Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pablo Díaz e banda “Coas miñas mans”

Concerto de Pablo Díaz e banda “Coas miñas mans”: Coas miñas mans podo debuxar, contar, sentir... Música para aprender os números, as cores, as comidas? e tamén para cantarlle á lúa, á primavera? Cancións divertidas para medrar con alegría!

A quen vai dirixido?:

Para todos os públicos, recomendado a partir de 3 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Familias, Infancia

Cando:

15/12/2022

Xa rematou

Horario:

18:00 h 

Duración:

A duración do concerto é de 55 minutos aproximadamente co obxectivo de que as familias gocen e axudan a cantar e xesticular.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde

Pablo Díaz é un músico coruñés, cantante, compositor e investigador do folclore tradicional galego.  Debutou co seu primeiro traballo discográfico Tic Tac, en decembro de 2009. Foi o gañador do premio "Anisia Miranda á creatividade infantil" en 2011 e levou o Premio Martín Codax da Música na categoría música infantil en 2014, por Toc Toc.

Durante os case dez de carreira leva percorridas moitas escolas infantís, de primaria, ademais dos concertos habituais por diferentes localidades galegas. Nesta andaina decatouse da importancia que para as nenas e nenos ten toda a xestualización manual e facial, e por este motivo, partindo das mans como estratexia comunicativa, xorde "Coas miñas mans".

Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, debuxar, pintar, contar, sentir, etc. É a partir dos 3 anos cando dun xeito máis ou menos consciente, as cativas e cativos empezan a adquirir este tipo de destrezas e habilidades. De aí cancións como: "As mans", "Os números", "As vogais", "Figuriñas de papel", "As cores", "Os 5 sentidos"...

Ademais destes temas, trátanse tamén outros máis lúdicos para eles como a primavera, os xogos e ata a festa popular do San Froilán.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión