Concello da Coruña

Concello da Coruña

A voltas coa crítica literaria

A crítica literaria é, na actualidade, esa pantasma ineludible, que ningúen entende nin é quen de definir, unha práctica ameazada polas transformacións sociais, pola perda de prestixio e as sospeitas de instrumentalización.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/10/2021 ata o 04/12/2021

Contacto:

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

San Francisco 27, 15001 A Coruña España

Tradicionalmente existen dous tipos de crítica. Dun lado, temos o exercício académico de análise de textos, debedor da Teoría da Literatura, fillo dos estudos estilísticos, que foi sacudido polo post-estruturalismo, polo marxismo e os estudos culturais. Esta crítica académica - que tamén esta sometida aos vaivéns ideolóxicos e aos cambios de marco teórico - pouco ten que ver co segundo tipo de crítica, a recensión literaria de prensa, aquela publicada nos suplementos culturais, que, dun tempo para acó se ve dramáticamente lastrada pola súa falta de seriedade. Fronte a estas dúas prácticas, a académica e a xornalística, exploraremos a alternativa prometedora dunha crítica máis profunda, ambiciosa teóricamente, e independente, exercida por profesionais alleos aos medios tradicionais, a través de blogs persoais, que propoñen unha maneira distinta de ler literatura e valorala.

Este obradoiro pretende proporcionar un marco teórico que poida servir de axuda a aqueles que queiran entender como lectores o procedemento crítico e valoralo, así como entender as relacións entre crítica, ideoloxía, manipulación e política.

Tamén o obradoiro pode servir como introdución á investigación, no eido literario ou noutros, e a todos aqueles que queiran emprender algunha actividade crítica, no seo da Academia, ou de maneira independente.

A información completa do obradoiro de crítica pode descargarse a través de este enlace: ObradoiroCritica.pdf

Descargar ficha de inscrición: Ficha_inscrición

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión