Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actividades do Día Internacional dos Museos

Xornada de portas abertas de 10:00 a 00:00 h.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/05/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 13/05/2022

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Prezo:

TODAS AS ACTIVIDADES SON GRATUÍTAS E REQUIREN INSCRICIÓN PREVIA

Requisitos:

INSCRICIÓN PREVIA, POR ORDE DE CHAMADA ATA COMPLETAR A CAPACIDADE NO TELÉFONO DO MUSEO ARQUEOLÓXICO: 981 189 850

APERTURA DE PRAZO DE INSCRICIÓN: 13 DE MAIO ÁS 10.00 H.

  1. VISITAS GUIADAS

Percorrido polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico.

  • Primeira sesión: 12.00 h

  • Segunda sesión: 18.00 h

  • Duración aprox.: 1,25 h

Público: adulto

Prazas: 25

  1. TALLERES DE ARQUEOLOXÍA:

A. Talleres infantís de arqueoloxía

A.1. Xogando na antiga Roma

Unha viaxe pola antiga Roma para coñecer, en primeira persoa, as formas de lecer e entretemento das romanas e romanos. Xogaban con pelotas? Tiñan ximnasios? Ás persoas adultas gustáballes xogar? Falaremos de todo isto e máis para achegarnos á cultura romana. Xa por último, elaboraremos o noso propio xogo da época que poderemos levar para a casa.

Hora: 11:45 h

Duración aprox.: 1,5 h

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

A.2. A arte das pedras

Que é un petróglifo? Que representacións podemos atopar? De que época son? Aprenderemos todo sobre eles a través das mostras presentes na exposición do Castelo de San Antón. Coñeceremos tamén algúns dos métodos máis tradicionais para a reprodución destes fermosos gravados. Para finalizar, faremos o noso propio gravado que poderemos levar para a casa.

Hora: 17.00 h

Duración aprox.: 1,5 h

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

B. Talleres de arqueoloxía para persoas adultas

Pinceladas prehistóricas

Unha actividade práctica para coñecer a arte e as técnicas do pasado a través das representacións que chegaron ata nós. Onde podemos atopar pinturas prehistóricas? Que representan? Por que son tan importantes para nós? Poñerémonos na pel dun ou dunha artista prehistórica para experimentar cos pigmentos naturais e desenvolver o noso lado máis creativo.

Hora: 19.00 h

Duración aprox.: 1,5 h

Público: adulto

Prazas: 20

  1. CONCERTO DA ORQUESTRA GAOS

Hora: 22.00 h

Por orde de chegada ata completar a capacidade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión