Concello da Coruña

Concello da Coruña

Amaral – Xira "Salto al color"

"Mares igual que tú", que xa está a soar en todas as radios nacionais, foi a primeira canción en desvelarse do esperadísimo oitavo disco de estudio de Amaral, que Eva Amaral e Juan Aguirre definiron como “un mergullo nun océano de cores sonoras onde conviven madeira e metal, corazón e cortiza, corpo, alma e alegría de vivir”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/11/2019

Xa rematou

Horario:

22.00 h (apertura de portas: 20.30 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

25,00 / 28,00 €

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.)

Documentos:

Autorización para as persoas menores de 16 anos que queiran asistir ao concerto de Amaral (73 KB)

"Nuestro tiempo" é outro dos adiantos que Amaral mostrou á vez que deron a coñecer a listaxe completa das 13 cancións que compoñen este disco, que abre cunha versión da cantiga de Martin Códax "Ondas do mar do Vigo" na que participa o músico galego Carlos Núñez, con quen Eva e Juan xa compartiron escenario nalgunha ocasión.

O disco Salto al color será publicado o 6 de setembro e, ao día seguinte, comezará a nova xira, onde as novas cancións de Amaral soarán xunto coas cancións de todos os discos anteriores que xa forman parte da historia da música en español.

O concerto da Coruña é a terceira data da xira anunciada pola banda zaragozana e será o único de Galicia durante 2019.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho de billetes Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Coliseum: Aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenta: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión