Concello da Coruña

Concello da Coruña

BMMC Concerto 16 de decembro

DIRECTOR TITULAR: JUANJO OCÓN

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/12/2018

Xa rematou

Horario:

12:15 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

Libre

Organiza:

Banda Municipal de Música da Coruña

Documentos:

Tríptico 16 de decembro (1 MB)

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE A CORUÑA XUNTO Á EUROPEJSKA ORKIESTRA PRESENTAN O SEGUINTE PERCORRIDO:

PROGRAMA:

BULGARIA (R. Somoza)

RUMANÍA (R. Somoza)

POLONIA (R. Somoza)

ESLOVAQUIA (R. Somoza)

ALEMANIA (R. Somoza)

MOLDAVIA (R. Somoza)

ESPAÑA (R. Somoza)

UCRANIA (R. Somoza)

FRANCIA (R. Somoza)

GALIZA (R. Somoza)

EUROPEJSKA  ORKIESTRA

SOLISTAS:

Nicolay Velikov: violín

Xocas Meijide: clarinete

Sabela Caamaño: acordeón

Roberto Somoza: saxo tenor

Rubén Barros: guitarra

Rubén Montes: percusión

Alfonso Morán: contrabaixo

EUROPEJSKA  ORKIESTRA  -  PRESENTACIÓN

Dez composicións de Roberto Somoza para ampla formación (saxo tenor, acordeón, violín, contrabaixo, guitarra e percusión e a Banda de Música Municipal da Coruña) son a orixe de Europejska Orkiestra. A música composta por Somoza comprende unha viaxe a través de varios países europeos (Bulgaria, Romanía, Eslovaquia, Moldavia, Ucraína, Polonia, Alemaña, Francia, España e Galicia) tendo como punto de partida as súas raíces folclóricas. O compositor comenta respecto diso: "A música, relacionada ao longo da historia con distintas culturas e pobos, non entende en realidade de fronteiras, razas ou relixións. É difícil determinar, có paso dos séculos, a quen pertence ou por quen foi creada na súa orixe. En Europejska Orkiestra podemos escoitar un fío condutor que relaciona as dez composicións entre sí, a pesares de pertencer ás raíces folklóricas dos seus países correspondentes. Católicos, protestantes, ortodoxos, musulmáns e xudeus tocan xuntos para transportar ao oínte a unha época na que as fronteiras se confundían entre os albores dos distintos imperios en expansión. Otománs, Viquingos, Hunos ou Vándalos afinan agora os seus instrumentos para que a música volva ser o que sempre foi: xúbilo para o corpo e paz para o espírito."

O repertorio que conforman esas dez estampas implica un alto grao de destreza interpretativa. As melodías, e sobre todo os ritmos sobre os que estas se asintan, afástanse das obras que poden escoitarse habitualmente nos escenarios de música clásica ou de jazz. Son por tanto unha rareza para os intérpretes se exceptuamos aos músicos dos propios países aos que representan as composicións. Os escollidos polo compositor para esta orquestra sui generis  pertencen precisamente, nunha curiosa reunión, a todos eses ámbitos: a clásica/contemporánea, o jazz e o folk, segundo as súas propias palabras.

A BMMC NESTE ANO TAN ESPECIAL QUE REMATA, DESEXA FELICITAR O NADAL AOS NOSOS SEGUIDORES E AGRADECER A SÚA FIDELIDADE NA CELEBRACIÓN DO 70 ANIVERSARIO

VINDEIROS CONCERTOS:

DÍA 20 DE DECEMBRO ÁS 20.00 HORAS NO TEATRO ROSALÍA, CONCERTO DE NADAL CON JUAN LOIS COMO DIRECTOR CONVIDADO

DÍA 13 DE XANEIRO ÁS 12.15 HORAS NO PALACIO DA ÓPERA

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión