Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos urbanos de verán 2019

FÓRUM e CENTRO ÁGORA

A quen vai dirixido?:

Poderán participar as nenas e os nenos nacidos entre 2005 e 2015, agrupados por idades.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/07/2019 ata o 06/09/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/06/2019

Na conserxaría do Fórum Metropolitano e de Ágora, a partir do martes 25 de xuño, até cubrir as prazas. É necesario inscribirse no centro en que se desexa realizar o campamento, en horario das 9.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 h.

Este ano non vai haber sorteo. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición, até esgotárense. Disporase de 120 prazas no Fórum e 140 en Ágora por cada unha das quendas, distribuídas en grupos por idades. No momento de entregar as inscricións, xa se debe aboar en efectivo a cota correspondente.

As prazas outorgaranse do seguinte xeito: 50% en horario de mañá (60/70) e 50% en horario de tarde (60/70).

Admitiranse 3 fichas por persoa, excepto no caso de ser irmáns, en que se recollerán todas as fichas.

Cada nena/o poderase apuntar a unha quenda inicialmente, en cada centro, e a partir do xoves 27 de xuño, ofertaranse as prazas que queden vacantes por se as familias desexan inscribilos en máis dunha quenda.

Horario:

- Quendas de 2 semanas, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas

- As familias que o desexen poderán solicitar, no momento da inscrición, a ampliación de horario de 9.00 a 10.00 h.

- Realizarase unha pequena pausa de 11.45 a 12.00 h para o almorzo, o cal deberá traer cada participante.

- O último día da quenda do campamento, o horario prolongarase até as 17.00 h para realizar unha xornada de convivencia en que cada participante levará a súa comida.

- O primeiro día de cada quenda haberá unha breve reunión coas familias ás 9.00 e ás 10.00 (horario de entrada das súas fillas e fillos) para informar das entradas e saídas, atención polas/os educadoras/es e dinámicas en xeral do campamento, así como para resolver as dúbidas que puideren xurdir... Terá unha duración aproximada duns 15 minutos.

Prezo:

35 € por cada participante e quenda

Ampliación horaria: 5 €

Documentos:

Dossier campamentos urbanos 2019 (140 KB)

FOLLA DE INSCRICIÓN PARA IMPRIMIR 2019 (114 KB)

Durante as vacacións do verán, en Ágora e no Fórum Metropolitano, propoñemos, para as nenas e os nenos cidade, unha oferta variada de actividades de lecer (motrices, plásticas, musicais, teatrais, de expresión oral e escrita, de lóxica matemática...) que teñen como principais obxectivos entreter; promover unha educación en valores; favorecer novas relacións persoais e de grupo; e descubrir a contorna urbana máis próxima.

QUENDAS

1.ª quenda: do 1 de xullo ao 12 de xullo

2.ª quenda: do 15 de xullo ao 26 de xullo (o 25 de xullo non teremos campamento)

3.ª quenda: do 29 de xullo ao 9 de agosto

4.ª quenda: do 12 de agosto ao 23 de agosto (o 15 de agosto non teremos campamento)

5.ª quenda: do 26 de agosto ao 6 de setembro

TEMÁTICAS

QUENDA 1 : "50 anos na lúa"

Fai 50 anos que o home pisou por primeira vez a lúa. Grazas á carreira espacial, temos moitos adiantos: os traxes ignífugos para os bombeiros, os electrocardiogramas, a purificación da auga, os cueiros..., ademais de que a Astronomía é das ciencias máis antigas da humanidade. Descubrir de xeito entretido a lúa, as estrelas, os planetas, o universo e todo isto converteranos en expertas e expertos nos avances que se produciron ao longo deses 50 anos.

QUENDA 2: " Leonardo da Vinci, un xenio adiantado ao seu tempo"

É sabido que Leonardo da Vinci foi o precursor de moitísimas máquinas modernas. Foi moi importante no Renacemento e un home adiantado ao seu tempo. Tocou moitas disciplinas artísticas e dominounas. Moitos dos seus inventos son importantes e imprescindibles hoxe en día.

Descubriremos e desfrutaremos con este personaxe e con todas as súas ideas como fontes de inspiración para desfrutar, xogar e coñecelo.

QUENDA 3: "A Coruña, desde a Batalla de Elviña á Ilustración"

A nosa cidade ten un amplo percorrido histórico e nesta ocasión ímonos deter nos séculos XVII e XVIII para coñecermos, entre outros, acontecementos relevantes da nosa historia, xunto con personaxes tan singulares como Sir John Moore, o xeneral Soult ou o ilustrado José Cornide.

QUENDA 4: "Un paseo polas artes"

As artes escénicas involúcrannos en infinidade de manifestacións como son o cinema, o teatro, a danza, as performances, a música, o circo...; permítennos expresar unha chea de sentimentos e favorecer a nosa naturalidade e espontaneidade. A través delas, impulsaremos e promoveremos unha colaboración estreita e enriquecedora entre as nenas e nenos deste campamento.

QUENDA 5: "Naturalistas urbanos"

A riqueza da nosa contorna é asombrosa pero, ademais, o noso planeta necesítanos para frearmos o cambio climático. "Se non nos preocupamos de parar a destrución da natureza, dará igual o que fagamos". "Debemos protexer a natureza ou non nos poderemos protexer a nós mesmos", son algunhas das conclusións dos estudos sobre o cambio climático. Buscaremos, investigaremos e trataremos de encontrar as mellores solucións para a nosa cidade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión