Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "Ahora todo es noche (liquidación de existencias)".

De Eusebio Calonge

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/10/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

Volvéronse invisibles, tan afeitos xa estamos a velos, dormitando nos vestíbulos das estacións e aeroportos, revolvendo nos colectores de lixo, facendo cola nos comedores benéficos... Vémolos tan afastados e apenas a cantidade dunha mensualidade nos separa deles. Os botados pola borda dos seus destinos, os náufragos na escuridade dun mundo hostil. Ás veces en silencio cruzan a nosa consciencia, aínda que os evitamos coma o bico do leproso, porque a súa pobreza interpélanos Quen cre que ten algo para sempre?

Estes esmoleiros deixan as súas pegadas nas cinzas da vida, conservan os rescoldos dunha chama antiga, unha furia ante o tempo, que dalgunha maneira os entroniza, reis sen reino, o home desterrado entre lixo, sen máis luz que a esperanza dunha mirada desde o ceo. Quen non mendigou algo algunha vez?

Liquidación de existencias, estas consagradas ao teatro, consciente de que a noite se achega e que, lonxe da compracencia, seguen espindo o seu estilo de calquera retórica, de calquera roupaxe estética, buscando pervivir na tensión e o risco da creación, que segue reflexionando no que foron as súas constantes: as devastacións do tempo, a crítica á desertización espiritual, o escenario como asedio vivencial.

Aquí está o universo dunha compañía, as súas feridas e cicatrices, a súa desarborada imaxinería, a súa desgarrada voz, os seus personaxes desafiuzados. Eco de liturxia, tinguiduras esperpénticas e regusto de traxedia, un humor perturbador e un compromiso poético insobornable. Os pés nos clásicos e a mirada no horizonte de novas formas de falarlle á alma de cada home. Tradicionais e rupturistas, contradición viva, contracorrente sempre, paixón de catro décadas polos escenarios do mundo: La Zaranda, Teatro Inestable de Ninguna Parte, cumpre corenta anos ao fondo do tempo.

Con Gaspar Campuzano, Enrique Bustos, Francisco Sánchez.

Dirección: Paco de La Zaranda

Coprodución La Zaranda, Teatro Inestable de ninguna parte, Teatre Romea

Venda de entradas soltas a partir do 10 de setembro

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión