Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Commedia

De Cándido Pazó

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/11/2018 ata o 24/11/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

100 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados/as: -20%)

Televenda:

Ticketea

En 1993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase COMMEDIA un xoguete para Goldoni un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego. Máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, revisitamos aquela experiencia, celebramos aquela festa teatral.

Arlecchino atopa unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quérese matar. Pero deteno unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais. A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da "commedia dell ́arte": o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina... Un argumento que, máis aló do imprescindible alarde formal e lúdico, dá pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade.

Con Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino González, César Goldi

Guión e dirección: Cándido Pazó

Compañía: Contraproducións SL

Venda de entradas soltas a partir do 10 de setembro

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función, de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión