Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "El funeral"

Esta función substitúe a que estaba prevista o 25 de setembro de 2018 e que foi suspendida. A entrada da función anterior é válida para este pase. AS ENTRADAS XA ESTÁN ESGOTADAS.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/04/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

26'00, 22'00, 18'00, 12'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

De Manuel M. Velasco

Lucrecia Conti, a actriz máis importante do cinema, o teatro e a televisión de España, faleceu. Asistimos ao gran velorio que o Ministerio de Cultura organizou na súa honra nun teatro para que o público poida despedirse da súa admirada estrela. As súas netas Ainhoa e Mayte poñen orde porque as mostras de agarimos son inmensas. Tamén aparece Miguel, un primo afastado cuxo parentesco real é descoñecido. Todo cambia cando as persoas asistentes quedan encerradas no teatro porque a pantasma de Lucrecia aparécese para despedirse ao grande.

Ninguén dá crédito ao que acontece. A pantasma ten asuntos que resolver mesmo co seu propio representante, Alberto Luján, que trata de conter como pode a prensa que se apiña fóra. A noticia está a aparecer en todos os medios de comunicación, e todos os programas de televisión están a enviar unidades móbiles ao teatro para conectar en directo con Lucrecia... ou o que queda dela.

Non hai precedentes de algo así e Lucrecia vai aproveitar ao máximo este momento no que por fin se lle presta a atención que merece para solucionar, viva ou morta, todos os seus problemas profesionais e persoais: desde aceptar unha serie de televisión na que fai de morta (sic), deixar que lle fagan un boneco de cera para o Museo de Ídem de Madrid ou dicirlle a unha das súas netas se pode ennoivarse cun mozo ao que todos lle ven certo parecido familiar...

Todo iso mentres está pendente de que o público non pase fame neste ratiño de "peche" e ofrecéndolles un marabilloso show.

Porque o espectáculo, mesmo despois da vida sempre debe continuar.

Con Concha Velasco, Jordi Rebellón, Irene Soler, Irene Gamell, Emmanuel Medina

Dirección: Manuel M. Velasco

Compañía: Pentación Espectáculos

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/entradas-teatro-el-funeral-teatro-rosalia-castro/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión