Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: A infamia

De Lydia Cacho. Adaptación de Lydia Cacho e José Martret

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/02/2023 ata o 04/02/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

75 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18,00 €; 14,00 €; 11,00 €; 8,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

O gobernador dun estado de México se alía cun empresario e pagan a un grupo de policías para que se despracen ata a outra punta do país para secuestrar a unha xornalista que publicou un libro onde lles denuncia por trata de nenas. Eses policías poden secuestrala "legalmente", torturarla, matala polo camiño e lanzar o seu corpo ao mar onde probablemente ninguén o atopará nunca. Poden desatar o horror e saír totalmente impunes. Ou non...

No país máis perigoso para ser xornalista e activista, hai mulleres que se enfrontan ao crecente poder político da delincuencia organizada. Unha delas é Lydia Cacho, quen desafía a políticos, mafiosos, pederastas e feminicidas. Esta función está baseada na súa biografía, "Memorias dunha infamia", onde se retrata o modus operandi dun goberno cómplice da corrupción e a violencia, ademais do valente testemuño de mulleres e nenas do seu país.

Con: Mariña Salas

Dirección: José Martret

Deseño de espazo escénico e vestiario: Alessio Meloni

Deseño de iluminación: David Picazo

Deseño de son: Sandra Vicente

Deseño de videoescena: Emilio Valenzuela

Operadora de cámara: Alicia Aguirre Polo

Axudante de dirección: Pedro Ayose

Xefe de produción: Juanfran García

Dirección de produción: Eva Paniagua

Coprodución de Teatro Español e Producións Come e Cala

Duración estimada: 75 minutos (sen intermedio)

*Venda de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro

Despacho de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres dás 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Rosalía: sólo abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenta

* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez empezado o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión