De Alberto Conejero
Para público en xeral
Dende o 24/01/2020 ata o 25/01/2020
Xa rematou
20.30 h
95 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas -20%; familias numerosas: -25%)
Rodeado de urbanizacións, nalgún lugar preto de nós, sobrevive un vello xardín co seu invernadoiro. Pero pasou moito tempo desde que a veciñanza viu por última vez a Silvia, a dona da casa. Alí só queda Samuel, o xardineiro, afanado en preservar ese recuncho esquecido. Todas las noches de un día comeza cando a policía acode á casa para intentar descubrir o paradoiro de Silvia. Empeza entón un combate entre a vida e os recordos, entre o amor e as súas pantasmas.
Con Carmelo Gómez e Ana Torrent
Dirección: Luis Luque
De Pentación Espectáculos
*Venda de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía Castro: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible