Circuíto Galego de Teatro Amador 2025
Para público en xeral
Os días 27/09/2025, 17/10/2025, 18/10/2025, 31/10/2025
Xa rematou
19.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3,00 €
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
RECOMÉNDASE:
Seguir as instrucións do persoal de sala
Actuar con responsabilidade
Asociación Cultural Ateaco
forummetropolitano@coruna.gal
27 setembro 2025
SOMBRAS NA NOITE
Compañía: Chumpá Teatro
Chumpá Teatro, baixo a dirección de Paco Lúa, quere levar ao público unha divertidísima e surrealista comedia do mestre Woody Allen. Unha obra, para todos os públicos, de xénero cómico pero cun clima sinistro.
Duración aproximada: 60 minutos
17 outubro 2025
ENCARCELADOS
Compañía: Max Teatro
Cóntanos a relación entre unha presidiaria e o seu axente, encargado de vixiala, nunha noite especial.
Duración aproximada: 60 minutos
18 outubro 2025
A BESTA DA ILLA
Compañía: Damecuerdaqueteatro
Un grupo de oito nenas e nenos acaba nunha illa deserta. Teñen calor, sede, fame, e queren que os rescaten. Necesitan poñer normas e organizarse.
¿Quen será o líder?, pero non están sós, alguén lles axexa entre as árbores.
Duración aproximada: 75 minutos
Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos
31 outubro 2025
O HOME QUE PERDEU A INMORTALIDADE
Compañía: Ateaco
Arxemiro, cansado a aguantar á súa muller, busca a forma de evadirse da súa vida cotiá retando mesmo á morte.
Duración aproximada: 55 minutos
VENDA DE ENTRADAS:
- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h
- Despacho de billetes Forum Metropolitano: día de función desde 1 hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles.
- Venda en liña: ataquilla.com
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible