Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de Aitana - Xira Play

Aitana é a artista revelación en España e a que promete maior proxección internacional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/07/2019

Xa rematou

Horario:

22.00 h (Apertura de portas: 20.00 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

28,00 / 33,00 / 38,00 / 60,00 / 80,00 / 130,00 €

  • Golden Premium inclúe: Meet &Greet; zona acoutada a pé de escenario; acceso preferente por porta determinada; backstage conmemorativo; refrescos; photocall.
  • Golden inclúe: zona acoutada a pé de escenario; acceso preferente por porta determinada; backstage conmemorativo; refrescos; photocall.
  • Front of stage inclúe: zona acoutada a pé de escenario con acceso preferente por porta determinada.

Documentos:

Autorización para o acceso de menores de 16 anos - AITANA 13.07.2019 (17 KB)

Con 18 anos recentemente cumpridos foi unha das gañadoras do programa líder da Televisión Española, Operación Triunfo. A súa maneira de transmitir emocións e o seu carisma conseguíronlle o cariño do público, e a súa voz, un auténtico instrumento único no mundo, fíxolle gañar millóns de fans en España e no mundo.

Á súa saída da Academia de OT emprendeu unha meteórica carreira de logros e recoñecementos, que ao longo dos últimos meses fixéronlle bater récords dixitais e acumular cifras nunca vistas ata a data nun artista novo en España.

Aitana pasou o último ano inmersa en sesións de composición e canto, e hai xa meses puidemos gozar do seu primeiro EP, Tráiler, que foi recoñecido co favor do público e disco de platino. En breve sairá o seu primeiro LP, que é o aperitivo ao evento máis esperado polos seus fans desde que iniciou a súa carreira en solitario: a xira Play Tour, que a levará a partir do verán a todos os recunchos da península.

Como di ela mesma: "Estou a aprender, estou a gozar a cada paso. Play Tour é o espectáculo no que levo meses traballando para compartir co público, ese público que sinto tan próximo, que me apoia, con quen estou crecendo e que me empuxa a intentar cada día ser mellor".

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión