Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cormorán Film Fest

O festival está disposto a traer ao verán coruñés obras cinematográficas de todo o mundo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/09/2019 ata o 13/09/2019

Xa rematou

Enderezo:

Paseo de Ronda 47, Bj. 15011 A Coruña

Películas producidas en países como Rusia, Lituania, Holanda e Brasil gañan a gran pantalla na Coruña por conta do Cormorán Film Fest. Na súa primeira edición, o evento expón o cinema independente, con música e debate engadidos para "atraer a pulsión creativa e moza da cidade e propoñer un espazo físico de intercambio de ideas".

O festival terá lugar durante a semana do 9 a 14 de setembro e sumarase a outras citas importantes do mes. E onde? No Espazo cultural Normal da Universidade da Coruña, así como na sala de concertos Mardi Gras. Serán dez sesións de cinema en total e dous días dedicados aos concertos.

Programáronse as proxeccións de sete longametraxes e oito curtas, escollidas entre o mellor do ano no panorama internacional. Ademais, as bandas que actuarán van expresar a escena emerxente, do trap ao pop galego.

O Cormorán Film Fest, segundo a definición na súa páxina oficial, nace como un festival internacional de cinema de autor da Coruña, "disposto a traer ao verán coruñés obras cinematográficas de todo o mundo, que ofrezan puntos de vista frescos e poderosos".

As producións seleccionadas van a concurso e disputan premios do xurado e do público, ademais do Premio María Pita á obra máis valente.

Programación

ESPAZO NORMAL: o local vai recibir dúas proxeccións diarias pola tarde, ás 16:30, 17:00 e 18:30 h. As charlas sobre temáticas de actualidade son gratuítas e serán pola mañá.

  • Luns 9

ESPERO A TUA (RE)VOLTA (Eliza Capai, Brasil)

  • Martes 10

ACID (Alexander Gorchilin, Rusia)

CAMPO (Tiago Hespanha, Portugal)

  • Mércores 11

DIRTY GOD (Sacha Polak, Holanda)

  • Xoves 12

SUMMER SURVIVORS (Marija Kavtaradze, Lituania)

  • Venres 13

DIE GRUBE (Hristiana Raykova, Alemaña)

SCHEME BIRDS (Ellinor Hallin e Ellen Fiske, Suecia)

SALA MARDI GRAS: os concertos arrincan pola noite de xoves ás 21:30 h e seguen o venres a partir das 22:00 h, acompañando os últimos días do festival.

  • Xoves 12

O dúo compostelán Blanco Palamera abre a mostra de concertos coas súas melodías pop nostálxicas. No mesmo día actúa Seda, de Vigo.

  • Venres 13

Noite na que sobe ao escenario Cabiria, un proxecto da barcelonesa Eva Valero. Logo haberá o concerto de Hnos. Munoz, dous irmáns que levarán á Coruña un trap minimalista e romántico. O pop galego tamén se fai presente co grupo Oh! Ayatollah.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión