Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cristina Pato

Concerto na Praza de Pablo Iglesias

Cando:

15/08/2014

Xa rematou

Horario:

22.00 h.

Enderezo:

Praza Pablo Iglesias s/n. A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Organiza:

IMCE

Aclamada polo New York Times como unha virtuosa explosión de enerxía e por The Wall Street Journal como un dos mestres vivos da gaita, a gaiteira galega, pianista e compositora Cristina Pato goza dunha activa carreira profesional dedicada á música popular galega, a música clásica e o jazz, e a súa carreira dual levouna aos principais escenarios de toda Europa, EE.UU., India, África e China.

Cristina Pato foi a primeira gaiteira muller en publicar un álbum en solitario (1999) e dende entón colaborou nos escenarios mundiais con Yo-Yo Ma, Arturo O'Farril, Chicago Symphony Orchestra, Osvaldo Golijov, World Symphony Orchestra e Paquito D ‘Rivera.

Unha artista consolidada na súa España natal, trasladouse no 2005 a Nova York para obter o seu doutoramento e lanzar a súa carreira nunha dirección completamente diferente. Cristina combinou o seu amor pola gaita cunha extraordinaria mestura de jazz e sons latinos e a súa vida xira arredor dun compromiso apaixonado coa educación e o intercambio cultural.

Cristina é membro do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma e un membro fundador do seu Leadership Council, colaborando estreitamente nas xiras e na planificación de residencias, entre elas a asociación de varios anos entre o Silk Road Project e a Universidade de Harvard.

Cristina Pato posúe un Doutoramento en Musical Arts in Collaborative Piano pola Rutgers University, onde realizou os seus estudos cunha bolsa da Fundación Barrié de la Maza. Cristina é a fundadora e directora artística do Galician Connection, un foro de World Music realizado anualmente en Galicia.

+ Info: http://www.cristinapato.com/es/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión