Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cruz Delgado, Un quijote de la animación española

O creador das series e longametraxes de animación española que marcaron a varias xeracións descóbrese para o gran público en "Cruz Delgado, un quijote de la animación española".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/09/2022

Xa rematou

Horario:

sábado ás 17.30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

A entrada a esta película será libre ata completar a capacidade da sala.

Pioneiro do debuxo animado en España, Cruz Delgado foi un visionario que creu nunha forma de facer cinema que estaba por inventar en España cando a principios dos anos setenta lanzouse a facer a súa primeira longametraxe "Mágica Aventura". Autor de Don "Quijote de la Mancha" e "Los Trotamúsicos", é ademais o único director español con catro longametraxes de animación no seu haber e o primeiro gañador do Premio Goya nesa categoría.En "Cruz Delgado, un Quijote de la animación española" percorreremos a vida deste cineasta, quen en primeira persoa e co testemuño de moitos amigos e compañeiros, aparece como un home que comezou intercambiando cómics, para logo debuxalos el mesmo e terminar sendo hoxe un referente ineludible no mundo da animación en España.

Título orixinal: Cruz Delgado, un quijote de la animación española

Ano de produción: 2008

Duración: 63 minutos

Dirección e guión: Pedro González Bermúdez

Música: Juan Pedro Cabanas

Dirección de arte: Ignacio Gaubert, Giu Camblor, César Ruiz, Pedro González Bermúdez

Produtora: Antiego

Escenografía: Ignacio Gaubert

Deseño de créditos: Giu Camblor

Ilustracións: Paco Sáez

Xénero: Documental

Cualificación: Todos os públicos

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión