Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2018

Culturas presenta 'Espazos abertos', unha serie de intervencións sobre os balcóns de Rego de Auga "que achega o feito artístico á cidadanía e pon en valor un enclave único da cidade"

José Manuel Sande deu a coñecer a proposta, que se desenvolve entre hoxe o 27 de maio e na que participan 24 artistas

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá o programa artístico Espazos Abertos, unha iniciativa que se desenvolve desde hoxe e até o vindeiro 27 de maio, na que 24 creadoras e creadores interveñen sobre o espazo público, concretamente, nos balcóns da rúa Rego de Auga. O responsable municipal sinalou que a proposta representa "moitas das liñas de políticas culturais que se están a promover desde a Concellería, como son a cultura de proximidade, a descentralización da actividade e as intervencións en lugares concretos da cidade, que axudan a recoñecer os enclaves do municipio, de xeito que a idea da arte e da cultura sexa compartida por toda a cidadanía". "A propia idea de espazo aberto impregna moitas das intervencións artísticas que veremos estes días na rúa Rego de Auga, e que reforzan, ademais, unha zona histórica e simbólica da cidade", apuntou Sande, quen salientou, en particular, "a oportunidade que supón visibilizar o traballo de creadoras e creadores vinculados ao municipio, á vez que posibilita o achegamento do feito artístico á cidadanía, que entroncan claramente coa liña de traballo que se está a desenvolver desde a área de Culturas". A este respecto, a coordinadora da proposta, Patricia Muñoz, destacou o carácter aberto e popular do proxecto, "ao sacar as obras á rúa, xa que chegará a todas as persoas que transiten ou visiten a zona". Así, até o vindeiro 27 de maio, a veciñanza poderá ser partícipe das intervencións que diversas artistas, deseñadoras ou creadores realizarán nos balcóns, como son Jano Ilustra, Benito Freire, Gosia Trebacz, Inés Marqués, Manolo Cremallera, Rosa González Vera, Paloma Botas, Isabel Pintado, Edgar Ortiz, Pedro Silva Opazo, Idoia Cuesta, Lorena Canals, Luisa Valdés, Silvana Sánchez, Mónica Coto, Soledad Penalta, Alexandra Fernández, Ramón Deitos, Javier de la Rosa, Xema Varela, Cristina e Beatriz Velasco, Teresa Rodríguez e Ana Camiñas de la Cruz. A temática das intervencións que se poderán ver é libre, "pero moitas e moitos artistas coincidiron tomar, como base, o mar e o carácter atlántico da cidade", apuntou Muñoz.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión