Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dani Martín

Dani Martín presenta a xira ‘Grandes éxitos y pequeños desastres’.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/10/2018

Xa rematou

Horario:

22:00 h (a apertura de portas será ás 20:30 h)

Prezo:

50'00 € + gastos - Pista VIP s/n

25'00 € + gastos - Pista s/n

30'00 € + gastos - Tendido baixo numerado

28'00 € + gastos - Tendido medio numerado

22'00 € + gastos - Tendido alto numerado

(Todas aquelas persoas que accedan ao concerto deben facelo con entrada)

POLÍTICA DE MENORES: os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada que se pode descargar na seguinte ligazón: descargar autorización.

Un percorrido polos seus 18 anos de carreira a través das súas cancións máis coñecidas, tanto da súa carreira en solitario como á fronte de 'El Canto del Loco'.

Será en 2018 cando percorra toda a xeografía española cun renovado show que contén todos os seus grandes éxitos.

Durante máis dunha década, Dani Martín foi vocalista da banda de pop-rock El Canto del Loco, que conseguiu bater récords e unha inacabable lista de premios. Varios premios Ondas e 40 Principales, dous MTV Europe Music Awards, seis álbums de estudio e máis de dous millóns de discos vendidos son parte da historia de El Canto del Loco.

Na súa carreira en solitario, Dani Martín publicou ata o momento tres álbums de estudio e un en directo. O primeiro foi 'Pequeño', co que sorprendeu a crítica e co que conseguiu o triplo disco de platino con catro semanas consecutivas no núm. 1 das listas de vendas en España e 2 anos na lista dos discos máis vendidos. O segundo disco de Dani Martín foi homónimo e levouno a dar máis de 70 concertos por toda España e tamén por Latinoamérica. Un ano despois, publicou 'Mi Teatro', con temas gravados durante dúas noites no Palacio de Deportes de Madrid, recollendo éxitos da súa carreira acompañado de importantes figuras da música como Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat. En 2016, Dani Martín publica 'La montaña rusa', o seu último disco de estudio, que entra directo ao número 1 de vendas. O día do lanzamento do disco colapsa a Gran Vía de Madrid e pouco despois recibe o premio Ondas ao artista do ano.

A xira de presentación de 'La montaña rusa' lévao por máis de 40 teatros de toda España cun rotundo ESGOTADO en todos eles.

Lugar: Coliseum

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o comezo do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión