Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día do Apego: Fíos do querer, de Cê Orquestra Pantasma

O espectáculo está baseado no libro-disco "Fíos do querer", que combina música, baile e exploración musical.

A quen vai dirixido?:

Crianzas de 0 a 3 anos

A partir das 10.00 h do día 12 até o 17 de setembro, terán preferencia as persoas inscritas no programa Apego no Concello da Coruña. Se quedaren prazas, a inscrición abrirase ao público xeral o martes 17 de setembro ás 10.00 h.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

21/09/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 12/09/2019 ata o 20/09/2019

A partir das 10.00 h do día 12 até o 17 de setembro, terán preferencia as persoas inscritas no programa Apego no Concello da Coruña. Se quedaren prazas, a inscrición abrirase ao público xeral o martes 17 de setembro ás 10.00 h.

Formulario de inscrición

Horario:

16.30 h

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde

Se unha vez que reservastes a praza non podedes asistir, agradecemos que nolo comuniquedes para que outra pequena ou pequeno poida gozar da actividade.

Requisitos:

É necesario coller entrada só para a crianza co seu nome, a súa data de nacemento e un correo de contacto. Deberá ir acompañada de dúas persoas adultas responsables como máximo.

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística

Documentos:

Programa do Día do Apego (562 KB)

Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando Fíos do querer, envoltorio agarimoso dun home orquestra para xogar, cantar e bailar cos nenos e coas nenas de colo. Podemos ver un adiantiño por aquí.

O espectáculo está destinado a crianzas de 0 a 3 anos anos acompañadas por dúas persoas adultas responsables como máximo.

Haberá unha sesión desta actuación, que se desenvolverá na aula 8 do Centro Ágora.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión