Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Disorders - FEAFES

O Forum Metropolitano da Coruña acollerá, do 2 ao 15 de novembro, a mostra Disorders, unha exposición de pintura e ilustracións realizadas por persoas con problemas de saúde mental procedentes de distintos lugares de Galicia. Poderá visitarse de luns a venres en horario de 08:00 a 21:00 e os saábados de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.

Cando:

Dende o 02/11/2019 ata o 15/11/2019

Este evento xa rematou

Horario:

Luns a venres de 08:00 h. a 21:00 h. Sábado de 09:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 21:00 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Libre

Organizador:

FEAFES

Fear of Missing Out é un proxecto impulsado por Carlos Morais que pretende dar a coñecer os problemas de saúde mental en primeira persoa partindo dun disco como proposta inicial. Durante a súa posta en marcha, a iniciativa tomou vida propia e acabou derivando en Disorders, un proxecto artístico multicisciplinar no que participaron múltiples persoas con problemas de saúde mental de todo o mundo.

A parte plástica do proxecto naceu coa vontade de ilustrar o libreto do disco, para o que Carlos Morais contactou con Saúde Mental FEAFES Galicia. Deste xeito, catro acodes usuarias desta entidade e das súas asociacións membro realizaron un total de 14 cadros: Xolo, da asociación A Mariña (Cervo); Mª Rey é Fragueiro, de Saúde Mental FEAFES Galicia (Vigo); e Michel e Ith, de DOA Saúde Mental (Cangas do Morrazo).

As obras ilustran as cancións do disco Disorders, cada unha das cales está inspirada nun problema de saúde mental contado desde a propia experiencia dos autores. Deste xeito, os cadros ilustran doenzas como a depresión, a esquizofrenia ou trastorno bipolar, entre outros. Están realizados en diversos soportes e utilizando técnicas variadas, desde óleo sobre lenzo ata bolígrafo sobre papel, incluíndo outras técnicas como acuarela, rotulador ou lapis.

A exposición xa estivo en Cervo e en Compostela, e os próximos meses está previsto o seu paso por Brión, Cangas do Morrazo e Vigo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión