Concello da Coruña

Concello da Coruña

Docs do mes: Over the limit

Cal é o prezo do éxito?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/09/2018

Xa rematou

Horario:

20:00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.

Televenda:

Ticketea

Margarita Mamun é unha atleta de ximnasia rítmica rusa que loita por converterse en campioa olímpica cando está a piques de retirarse. Esta será a súa última oportunidade para facer realidade o seu gran soño. O retrato dunha moza atleta que loita por conseguir as súas propias ambicións mentres ten que cumprir coas expectativas do esixente sistema oficial de adestramento ruso.

A través dos adestramentos da protagonista, vemos as duras relacións que se establecen entre adestradores e atletas para chegar ao éxito e a presión física e mental á que se ven sometidas as atletas de elite.

Directora Marta Prus

Polonia, Alemaña, Finlandia (2017)

74 min

VOS castelán

Idioma: ruso

PREMIOS E FESTIVAIS

  • One World Prague, República Checa, 2017
  • Premio Best Young Director en ZagrebDox, Croacia, 2017
  • IDFA, Países Baixos, 2017
  • Ambulante, México, 2017
  • Visions du Reel, Suíza, 2017
  • Mención de honra en CineDoc Tbilisi, Xeorxia, 2018

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión