Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2018

O Teatro Rosalía suspende as representacións de 'Cinco horas con Mario' por enfermidade da actriz protagonista

A Concellería de Culturas pacta coa produtora novas datas para realizar, en 2019, as funcións previstas entre o 1 e 3 de xuño. O importe das entradas devolverase a través da canle pola que foron adquiridas

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento informa da suspensión das funcións programadas no Teatro Rosalía Castro para os días 1, 2 e 3 de xuño do espectáculo Cinco horas con Mario, baseado na novela homónima de Miguel Delibes. A cancelación da obra, que pecha o Ciclo Principal Primavera 2018, prodúcese por enfermidade da súa actriz protagonista, Lola Herrera.

O pasado mes de abril, a dirección do teatro decidiu prorrogar unha xornada máis a estancia da obra no cartel debido ao éxito da venda de entradas, pasando así de dúas a tres representacións, nun ano no que o Ciclo Principal acadou tamén un rexistro histórico en canto ao número de persoas usuarias abonadas. A pesares da cancelación por enfermidade, o Teatro Rosalía Castro vén de pactar coa produtora, Pentación S.A., a busca de novas datas de cara ao ano 2019 para realizar as 3 funcións que se suspenderon.

A devolución do importe das entradas, que se realizará a través da mesma canle pola que foron adquiridas, poderase reclamar até o 1 de xullo. Para máis información sobre a programación do Ciclo Principal e do propio Teatro, pódese visitar o web www.coruna.gal/cultura.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión