Concello da Coruña

Concello da Coruña

Emportats de La Trócola

Emportats é un espectáculo de circo para todos os públicos que combina diferentes disciplinas: acrobacia, malabar, música e traballo con obxectos.

A quen vai dirixido?:

TODOS OS PÚBLICOS

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

24/03/2019

Xa rematou

Horario:

18.00 h (Pedir puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Duración:

55 min

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

6,00 € (abono 3, 15,00 €) (menores de 3 anos: 2,00 €)

(Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

(As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro)

A través do xogo co visible e non visible, facendo uso de linguaxes como o musical, humorístico, ou poético, emerxen imaxes e ideas orixinais cuxa estética mergulla o/a espectador/a nunha atractiva viaxe para sentir.

É un espectáculo onde a coordinación, a precisión e a enerxía superan os límites establecidos e no que a indiferenza non está entre as posibilidades.

Emportats é o resultado dun arduo traballo onde o importante é o proceso, no que os seus protagonistas despréndense de todo para ensinarnos o que levan dentro.

La Trócola Circ S.L.

VENDA DE ENTRADAS:

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión