Concello da Coruña

Concello da Coruña

Estación de Jazz - Sumrrá & Laura Iturralde

Sumrrá, con 19 anos de traxectoria, centos de concertos por todo o mundo nas súas costas e o sexto disco recén lanzado ao mercado, presentan unha nova forma de ver e escoitar este fermoso disco 6 Mulleres, acompañándose da videojockey Laura Iturralde.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/05/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

12,00 € (Venda anticipada até o día anterior ao concerto ás 23.59 h - 10,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa, -25% (só no despacho de billetes)) 

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro)

6 mulleres rinde tributo a seis mulleres poderosas, como son Frida Kahlo, Rosa Parks, Rosalía de Castro, Qiu Jin, Malala Yousafsai e Nawal Él-Saadawi. Conciben con Laura Iturralde un espectáculo único de videocreación, deseñado exclusivamente para estas músicas, onde a propia Laura Iturralde os acompaña ao vivo sobre o escenario. Toda unha posta en escena de imaxe e son que leva un paso máis alá as ganas de colaboración e experimentación do grupo Sumrrá con outros artistas e campos artísticos. 

Manuel Gutierrez Iglesias. Piano Xacobe Martínez Antelo. Contrabaixo L .A. R. Legido. Batería 

Laura Iturralde. Videocreación 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión