Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Exposición Cristóbal Serrano: Un océano de arte

Cada mañá máis de sete mil millóns de persoas espertan e mergúllanse de cheo no latexo da natureza, deixando que o ritmo frenético do cotián difumine o que nos quere mostrar. Respiramos o seu aire, percorremos os seus camiños e mergullámonos nos seus mares, pero non somos capaces de deternos a contemplar a súa arte.

Cando:

Dende o 18/09/2019 ata o 20/10/2019

Este evento xa rematou

Enderezo:

Dársena de la Marina. 15002 A Coruña

Prezo:

gratuíto

A natureza é creación, evolución e beleza e isto supón, para Cristóbal Serrano, un reto omnipresente na procura dunha elegante composición e unha estética delicada, que aplica tamén ás súas fotografías baixo o mar.

Destacado pola crítica a nivel internacional, os premios recibidos só en 2018 dan unha idea da relevancia da súa obra: primeiro premio nas categorías "Animal Behaviour: Mammals" e "Creative Visions" do prestixioso concurso Wildlife Photographer of The Year; gañador absoluto no European Wildlife Photographer of The Year (GDT); e gañador absoluto no certame internacional de fotografía de natureza "Memorial María Luisa".

Baixo unha visión fotográfica conectada coa arte, Serrano presenta na Coruña unha exposición con obras de gran formato e temática exclusivamente mariña. Fiel ao seu estilo -o seu traballo sempre xira arredor da premisa "A arte da creación é a arte da natureza"-, o recoñecido fotógrafo mostrará toda a beleza que se oculta debaixo das augas do océano. A exposición presenta imaxes inéditas nunha produción específica para Mar de mares. O festival consolida a súa vocación de chegar a toda a cidadanía sacando a arte a un espazo público, a Dársena da Mariña.

Cristóbal Serrano protagonizará un encontro inspirador, o sábado 21 de setembro ás 20.00 horas na Domus, en que o público coñecerá as claves do seu traballo.

Encontro inspirador con Cristóbal Serrano: A arte da natureza

+ Información

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión