Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición Oceánicas: A muller e a oceanografía

A exposición Oceánicas, unha iniciativa do Instituto Español de Oceanografía coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, conta a historia de nove pioneiras da oceanografía, nove científicas ilustres, algunhas delas bastante descoñecidas. Desde a primeira e única muller que lle deu a volta ao mundo durante a época das grandes exploracións ata mulleres que, a día de hoxe, lideran a loita pola conservación dos océanos, como Sylvia Earle. Todas elas son referentes necesarios para as mozas que soñen con ser científicas mariñas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/09/2019 ata o 22/09/2019

Xa rematou

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

gratuíto

O cambio climático, a sobrepesca e a contaminación ameazan con transformar os océanos para sempre. Isto fai que o acceso igualitario de mulleres e homes en todos os campos das ciencias mariñas, incluídos os postos de responsabilidade, sexa máis necesario que nunca. Temos un reto enorme e necesitamos contar con todo o talento da humanidade. Non perdas este pequena pero enormemente interesante exposición.

Ana Morillas, bióloga mariña no Centro de Oceanografía de Baleares do IEO e responsable do proxecto Oceánicas (que é moito máis que unha exposición) protagonizará un encontro inspirador na Domus o sábado 21 de setembro ás 11.00 h.

+ Información

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión