Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival de Amigos da Ópera

AVISO URXENTE PARA TODAS AS PERSOAS COMPRADORAS DOS ESPECTÁCULOS "LA VERBENA DE LA PALOMA" e "GRANDES VOCES PARA GRANDES ÓPERAS". Debido ás restricións de capacidade decretadas pola Xunta de Galicia derivadas da crise da COVID, os espectáculos da Temporada Lírica A Coruña 2020 previstos para esta semana ("La verbena de la paloma" e "Grandes voces para grandes óperas") realizaranse cunha capacidade reducida de 60 persoas, que se corresponden coas 60 primeiras que adquirisen a entrada, de acordo coa plataforma de venda de entradas. O promotor do evento, a Asociación Amigos da Ópera, comunicarase coas 60 persoas compradoras que, se conservan a súa localidade, poderán acudir ao evento. Para todas as demais, procederase a devolver o prezo das localidades a través do mesmo medio de pago (efectivo/tarxeta) no que se realizou a venda. Para compras en liña: procederase á devolución automática do seu importe a través da tarxeta de crédito/debido coa que se realizou a compra. A devolución incluirá o importe dos gastos de xestión que fosen aboados. Para compras en efectivo/tarxeta no despacho de billetes: para estas devolucións habilitaranse os seguintes despachos de billetes nas seguintes datas e horarios: Despacho de billetes Teatro Colón. Do 2 de setembro ao 5 de setembro, ambos os días incluidos. Horario 10.30 - 14.00 h e 16.30 h - 20.30 h. Despacho de billetes da praza de Ourense. Do 7 ao 11 de setembro, ambos os días incluídos. Horario habitual do despacho de billetes da praza de Ourense (09.30-13.00 h e 16.30 h- 19.30 h). Pedimos que desculpen as molestias. Desde a organización realizáronse todos os esforzos posibles e ata o último momento para poder realizar o evento nas condicións deseñadas inicialmente, pero a situación sanitaria obríganos a adaptarnos ás circunstancias. Así mesmo informamos de que para todas aquelas persoas que polas limitacións oficiais non poidan asistir ao evento retransmitirase gratuitamente as funcións en streaming a través da canle habilitada pola Asociación Amigos da Ópera: https://www.youtube.com/user/amigosoperacoruna Para os espectáculos das próximas semanas estamos pendentes de recibir novas indicacións por parte da Xunta de Galicia segundo a evolución da pandemia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/09/2020 ata o 16/10/2020

Xa rematou

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

  • Concerto: "Grandes voces para grandes óperas"

3 de setembro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)

Sondra Radvanovsky (soprano), Carlos Álvarez (barítono), Alejandro Roy (tenor), Simón Orfila (baixo)

Coro Gaos/ Alfredo Abbati (piano). Escenas de "Tosca" "Aida", "Ernani", "Macbeth", "Otello", "Nabucco",  "Fidelio", "Andrea Chènier"...

Platea Central: 75

Platea Lateral: 65

Principal: 30

  • "La Verbena de la Paloma" de Tomás Bretón, con Gala Lírica

4 e 5 de setembro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)

Vanessa Goikoetxea/Borja Quiza/Laura Vila/Carol García/Luis Cansino/Pablo Carballido/Nuria Lorenzo. Orquestra e Coro Gaos. Fernando Briones, dirección musical. Emilio López, dirección escénica

Platea Central: 90

Platea Lateral: 70

Principal: 30

  • Recital do ciclo "Os Nosos Intérpretes"
  • Borja Quiza, barítono

12 de setembro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)

A emigración galega. "Canciones de ida y vuelta" (en homenaje de Julio Andrade Malde)

Platea Central: 15

Platea Lateral: 10

Principal: 6

  • "Mariella Devia, el regreso de la Regina"****

18 de setembro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)

Obras de Listz, Chopin, Schumann, Donizetti e Verdi

Mariella Devia, soprano

Gilulio Zappa, piano

Platea Central: 25

Platea Lateral: 20

Principal: 15

  • "Vendado es amor, no es ciego" de José de Nebra (estrea en tempos modernos en España con instrumentos orixinais)

19 e 20 de setembro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)

Carol García/Alicia Amo/María Lueiro/Amalia Montero Neira/Borja Quiza, barítono

Los Elementos/Alberto Miguélez Rouco, director musical

Platea Central: 40

Platea Lateral: 30

Principal: 15

  • Concerto final do "Curso de Interpretación Vocal" con Mariella Devia

26 de setembro

Prezo único: 6 euros

PREZOS ABONOS SOCIOS

PRECIO ABONO

ZONA A (platea central)

ZONA B (Platea lateral)

ZONA C (Principal)

Inclúe 6 espectáculos

226 € 

+ INVITACIÓN Mariella Devia

181 €

+ INVITACIÓN Mariella Devia

87 € 

+ INVITACIÓN Mariella Devia

  • Concerto: "¡Viva el Belcanto!", gala lírica

16 de outubro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)

Jessica Pratt, soprano

Xavier Anduaga, tenor

Orquestra Sinfónica de Galicia

José Miguel Pérez Sierra, director

Platea Central: 35

Platea Lateral: 25

Principal: 15

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión