Concello da Coruña

Concello da Coruña

Golfa

Comedia transmedia desde as artes escénicas, sobre a sexualidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/03/2021

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Duración:

75 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que reza "GOLFA", un insulto anónimo que destapa a historia que o precede.

Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tivese relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que llevaa os seus pais para denunciar a posible autoría de Fran tras este feito. Ata que non se aclaren os feitos a dirección do instituto decide apartar a Fran das súas clases.

Todo se revoluciona cando a nai de Fran, Vicky, aparece na porta de entrada do instituto e insulta gravemente a Amanda utilizando unha palabra moi concreta: golfa. Xusto unha semana despois aparece ben visible o graffitti onde comeza a nosa historia.

Ante uns feitos cada vez máis abigarrados, a xuíza encargada do caso propón unha opción co ánimo de que a escalada de sucesos non vaia a máis: un acordo cordiale consistente nun encontro en liña co sexólogo Jordán Gómez, unha sesión de sexología á que han de asistir Fran, Amanda e a nai de Fran coa particularidade... de que estes encontros serán de libre acceso en liña pedindo lista e identificándose. Todos seremos testemuñas desta sesión de sexología.

Unha palabra pode cambiar o curso dunha historia, o como nos relacionamos coa nosa contorna e este connosco. Detrás dun insulto poden esconderse algúns dos males que nos arrasan como sociedade, uns males que quizá poidan ter solución na educaciónsexual que recibimos.

Dramaturxia e dirección: Jose Padilla

Intérpretes: Fran Cantos, Montse Díez/Ana Varela, María Rivera e Ninton Sánchez

Unha produción de PRIMEIRA TOMA e CRÉMILO

Público: Adultos > 12 anos.

Venda de entradas

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a xoves de 10 a 14 e de 15 a 18 h. Venres de 10 a 15 h

Despacho de billetes Teatro: só abre os días de función de 16 a 20 h

Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión