Concello da Coruña

Concello da Coruña

Historia dunha escaleira - Jorge Perianes

Taller de arte para nenos.

A quen vai dirixido?:

Nenos de 7 e 11 anos.

Cando:

Os días 12/01/2013, 02/02/2013

Xa rematou

Horario:

De 11 a 13 horas.

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Jardines de Mendez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíta mediante inscrición (prazas limitadas).

Inscrición nos teléfonos: 981 18 98 98 (mañás) e 619 46 04 27 (tardes).

Organiza:

Concellería de Cultura do Concello da Coruña
Con motivo da exposición de Jorge Perianes no Quiosco Alfonso, realizaranse talleres de arte para nenos de 7 a 11 anos, os días 12 de xaneiro e 2 de febreiro,  de 11 a 13 horas (o taller é dunha única xornada e as prazas son limitadas).

Os talleres serán impartidos por María Cebrián e equipo.

Inscrición nos teléfonos: 981 18 98 98 (mañás) e 619 46 04 27 (tardes)

Esta actividade é gratuíta.

"Historia dunha escaleira" é un taller práctico de arte dirixido a nenos que parte do achegamento á intervención artística de Jorge Perianes no Quiosco Alfonso. A instalación que formula, a partir de tramos de escaleiras de man modulares e ocos abertos nos muros, permitiranos profundar plasticamente nas nocións de espazo, dirección, perspectiva e a construción das sombras, como elementos de formalización do espazo.

A través de dinámicas de xogos espaciais e, da construción de artefactos, buscaremos como articular e sorprender os máis pequenos, transformando o espazo a partir das súas propias intervencións.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión