Concello da Coruña

Concello da Coruña

Historias de reloxo de Carlos Freire

Unha peza teatral que sitúa as persoas espectadoras na Coruña dos anos corenta.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/06/2018

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 euros

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

Unha peza teatral que sitúa as persoas espectadoras na Coruña dos anos corenta.

Bótase man na representación de personaxes típicos da cidade daqueles tempos tan escuros.

Desfilarán polo escenario como personaxes centrais un garda civil corrupto e autoritario, tres mulleres de clase acomodada, que deixarán ver como concibían as clases máis favorecidas a sociedade daqueles tempos, un home de casa grante, sen escrúpulos, que intentará facerse cun reloxo que non lle pertence. E o clero, representado por un cardenal, afanado o home en dar benzóns e na venda das súas bulas que lle permiten a quen as merca comer carne nos días de vixilia, pola coresma. A clase traballadora estará representada por un carteiro, un recadeiro de hotel e unha pasadora do ferro.

Dirección: Carlos Freire

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión