Concello da Coruña

Concello da Coruña

II Ciclo de cinema "Os ollos abertos"

“Os ollos abertos” é un cineforum sobre refuxio, que tras o éxito da primeira edición, ten prevista a segunda do 23 ao 26 de setembro de 2019 no Fórum Metropolitano da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/09/2019 ata o 26/09/2019

Xa rematou

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

gratuíto

Organiza:

A actividade enmárcase dentro do noso traballo de sensibilización e mobilización cidadá, pretende que a través do visionado das películas e os posteriores coloquios, a poboación "Abra os ollos" ante o drama das persoas refuxiadas e migrantes, e a crise humanitaria que estamos a vivir.

PROGRAMA DO CICLO

  • Luns 23. "O outro lado da esperanza" (Aki Kaurismäki, 2017). Un mozo sirio chega oculto nun barco a Helsinqui. Alí tópase coas leis antiinmigración, que non lle conceden o asilo por refuxiado de guerra. Khaled terá que aprender a valerse en por si, o que o levará a coñecer a toda unha serie de persoas marxinadas de distinto tipo cos que fará forza. O fracaso das políticas europeas resólvese nesta brillantísima película con humanismo e solidariedade entre as persoas, abandonadas á súa sorte por unhas leis absurdas e inhumanas.
  • Martes 24. "Bestas do sur salvaxe" (Benh Zeitlin, 2012). As inundacións no sur de Estados Unidos son cada vez máis frecuentes polo cambio climático. Os polos derrétense e unha pequena nena embárcase nunha extraordinaria travesía para atopar uns animais salvaxes que poden ter a clave para salvar os seus das inundacións. Realismo máxico para unha fábula con ecos do Katrina e que por unha banda denuncia o abandono das clases sociais máis baixas e como as (des)políticas ambientais están a hipotecar o futuro de todos.

- Relator: Xosé Bocixa. Participa desde hai anos en diferentes movementos cidadáns e culturais e foi un dos fundadores do grupo de rock Zënzar (a banda máis veterana de rock galego en activo). Como xornalista traballou en RTV Cerceda e A Nosa Terra Dixital. Colaborou varios anos na revista Tempos Novos e en medios como Praza Pública, Galicia Confidencial etc.

Na actualidade colabora con Nós televisión realizando documentais de temáticas sociais como as agresións ao medio ambiente e ao territorio. Algunhas das súas obras audiovisuais son "A ameaza do cobre", "Véndese litoral, A Coruña deféndese", "12 Leiras", "Estruturas" etc.

  • Mércores 25. "Slimane" (José Ángel Alayón, 2012). Uns mozos marroquís son expulsados dun centro de menores ao cumprir a maioría de idade. Seguiremos o seu día a día sen un futuro concreto, pero sen perder a alegría e os xogos, ás veces ao bordo da lei. Un feito fortuíto tingue de negro o presente de Slimane, o protagonista. Película naturalista onde os actores se interpretan a si mesmos nunha versión ficcionada e na que as paisaxes de soares e canteiras abandonadas din máis do seu sitio no mundo que as súas propias palabras.

- Relatora: Marie Charlotte Bisson. Licenciada en dereito pola Universidade de Auvergne e Máster en Cooperación Internacional ao Desenvolvemento e Xestión de ONG da UDC. Actualmente traballa como consultora independente pero conta con máis de 12 anos de experiencia como profesional na área de desenvolvemento humanitario. Algunhas das súas experiencias profesionais foron:

Na Coruña técnica de mobilización na ONG Oxfam Intermón e en Muritania Técnica de proxectos en ACPP, técnica de proxectos en Save the Children, Consultora de Dereitos Humanos para a AECID, especialista en protección infantil con UNICEF, consultora en violencia de xénero para Médicos do Mundo, directora de país con Terre des hommes Foundation etc.

  • Xoves 26. "Hamada" (Eloy Domínguez Serén, 2018). A vida pasa lentamente nun campo de refuxiados saharauí. Entrampados en batallas políticas e nun estado de semiolvido polo resto do mundo, unha serie de mozas loitan por manter o optimismo, a rebeldía e as ganas de saír desa situación. O microcosmos que presenta a película ofrece unha serie de imaxes poderosas e metafóricas das vidas dos saharauís: como coches feros e belos que só poden viaxar en círculos por un deserto cada vez máis pequeno.

- Relator: Eloy Domínguez Serén. Naceu en Simes (Galicia). Estudou en Salamanca, Milán e Barcelona, onde se graduou en 2010. Antes de debutar como cineasta, traballou como crítico de cinema para radio e prensa, e converteuse en membro do Xurado Xuvenil na 67 Bienal de Venecia en 2010. En 2012 mudouse a Suecia, onde realizou a súa curtametraxe PETTRING. En 2014 lanzou dous novos proxectos, a curtametraxe I DEN NYA HIMLEN e a longametraxe mediana JET LAG (programada en FID Marsella, Doc's Kingdom, Museo da Imaxe en Movemento de Nova York e Etats Généraux de Lussas, entre outros).A súa película NO COW ON THE ICE estreouse en 2015 en Visions du Réel e foi premiada en Toulouse, Filmadrid, Play-Doc, L'Alternativa ou Margenes, mentres que as súas dúas obras máis recentes, as curtametraxes YELLOW BRICK ROAD e RUST, foron estreadas en Jihlava IDFF e FID Marsella, respectivamente. En 2017, o seu novo proxecto HAMADA foi seleccionado na Doc Station de Berlinale e gañou dous premios no Doc Outlook de Visions du Réel. Ademais, tamén foi seleccionado para participar en Berlinale Talents 2017. HAMADA estreouse en IDFA 2018, foi seleccionado en festivais como Cinéma du Réel ou Bafici e foi premiado en Cinéma du Réel, Festival Internacional de Cinema de Xixón, Tempo ou Porto / Publicar / Doc. Xunto con ese proxecto, actualmente está a traballar en THE DARKER IT GETS, unha produción sueca filmada no Círculo Polar Ártico.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión