Concello da Coruña

Concello da Coruña

Jorge Castillo. A visión dunha obra

Un dos grandes mestres da pintura contemporánea europea da segunda metade do século XX, un dos nosos artistas máis internacionais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/02/2018 ata o 02/06/2018

Inauguración o 20 de febreiro ás 19.00h.

Xa rematou

Enderezo:

Rúa Cantón Grande 8.

A exposición reúne un conxunto de pezas, a maioría pinturas, que fan referencia e sitúan os diferentes intres creativos de Jorge Castillo entre 1952 e 2017. Máis de medio século de actividade continuada e incansable que reflicte a singularidade e independencia do seu universo.

O imaxinario da súa obra céntrase no debuxo e nunha extensa variedade de proxectos que amosan o seu talento na pintura, o gravado, a ilustración, a escenografía ou o cinema. Castillo observa o mundo cunha destacada vea poética e unhas calidades narrativas que é quen de levar aos seus cadros. Figuras illadas ou en grupo, actores, clowns, naturezas mortas, paisaxes urbanas, plantas, animais, mesas desestruturadas, inmortalizadas en escenarios intemporais, cunha particular gama cromática, encádranse nunha atmosfera irreal, nun espazo transitable coa súa propia particularidade vital.

Nesta mostra que percorre a súa obra poderemos deternos nalgúns dos seus momentos creativos máis sobresaíntes, marcados por unha personalidade inqueda e viaxeira. Diferentes cidades de Europa e América foron a súa casa por intres e as súas pinturas deixáronse querer por cada unha delas, foron un marco para a súa obra, entrando nela non só como meras paisaxes urbanas, senón tamén como entes culturais, históricos, artísticos ou literarios. Bos Aires, Madrid, París, Barcelona, Xenebra, Boissano, Berlín, Nova York, Xerusalén, Ibiza, Helsingborg conforman un conxunto contrastado de culturas e paisaxes que o artista integra no seu universo creativo, mais sen renunciar á súa esencia.

As inquedanzas estéticas e tamén éticas de Castillo pódense percibir en cada etapa do seu traballo, que foi ferramenta de reivindicación, de protesta cara a situacións que afectan ás vidas das persoas, de realidades políticas e sociais. A faceta humana do artista sae a relucir nas súas creacións.

Para este proxecto expositivo temos a sorte de contar coa magnífica axuda do propio Jorge Castillo, quen nos puxo ao alcance o seu obradoiro de Madrid, os seus recordos e vivencias, opinións sobre aspectos das súas etapas vitais ou as súas preocupacións actuais, reflectindo a súa intensa implicación e unha enerxía fóra do común. Deunos a posibilidade de presentar unha exposición cun valor histórico especial.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión