Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornadas Europeas de Arqueoloxía

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/06/2019 ata o 16/06/2019

Xa rematou

Inscricións:

* Inscrición para as actividades: a partir do 6 de xuño

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Xornada de portas abertas o sábado día 15 de 10:00 a 00:00 e o domingo 16 de 10:00 a 14:30 h

1. Visitas guiadas:

1.1. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón

Sábado 15: ás 12:00 e ás 22:00 h

Domingo 16: ás 12:00 h

Duración aprox.: 1 h e 15 m

Público: adulto

Prazas: 30

Condicións: o grupo reunirase na entrada do museo 5 minutos antes do inicio da visita, ata completar a capacidade.

1.2. Castro de Elviña

Sábado 15: ás 12:00 h

Domingo 16: ás 12:00 h

Duración aprox.: 1 h e 30 m

Público: adulto

Prazas: 30

Condicións: o grupo reunirase na entrada do castro 5 minutos antes do inicio da visita, ata completar a capacidade

2. Talleres familiares de Arqueoloxía:

Inscrición previa por orde de chamada ata completar a capacidade no teléfono 981 189 850

Apertura de prazo de inscrición: 6 de xuño ás 10:00 h

2.1. Escavación arqueolóxica: "Descubrindo a Prehistoria"

As persoas participantes neste taller converteranse en arqueólogas e arqueólogos por un día, realizando a súa propia escavación cunha metodoloxía científica adaptada ao seu nivel, para descubrir a través do xogo as sociedades do pasado e a súa forma de vida.

Hora: 12:00 h

Duración aprox.: 2 h

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 25

2.2. Escavación arqueolóxica: "Vivindo a arqueoloxía"

Faremos unha escavación arqueolóxica completa que irá do descubrimento dos materiais arqueolóxicos enterrados á documentación e análise deles, para coñecer de primeira man todas as fases dunha escavación e descubrir o que nos conta sobre a vida dos homes e as mulleres do pasado.

Hora: 17:30 h

Duración aprox.: 2 h

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 25

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión