Concello da Coruña

Concello da Coruña

Kanbahiota

Explanada do Parrote.

Cando:

03/08/2014

Xa rematou

Horario:

Namorado do aire - 12.00 h.

Vaia circo! - 20.00 h.

Enderezo:

Explanada do Parrote . Paseo Parrote s/n. 15001 A Coruña

Organiza:

IMCE

O circo, o teatro, a música e a danza son as ferramentas que usan para realizar os seus espectáculos. Como se fose un conto de dragóns, dous ananos rin, bailan e sobre todo, soñan con voar e permanecer no aire.

NAMORADO DO AIRE. Móstranos a relación de amor e xogo entre eles e os seus dragóns. As súas torpezas, habilidades e destrezas polo aire. Un número cunha técnica áxil e dinámica e un contido poético e metafórico onde se mestura o teatro, as técnicas de circo de acrobacia aérea e marionetas de dragóns para realizar un espectáculo para toda a familia.

VAIA CIRCO! Tres personaxes, un circo que hai que sacar adiante sen trapecistas, malabaristas, acróbatas, equilibristas... Serán os nosos personaxes os que, en clave de humor, terán que sacar a función a termo superando infinidade de problemas. Un show duns 50 minutos con elementos realmente novos e espectáculares: aéreos, portes coreanos, mastro chinés, aro cyr, clown ... un espectáculo realmente completo para unha tarde de emoción.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión