Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de febreiro de 2017

A Sala de Exposicións de Palexco acollerá desde o venres 17 a mostra 'Gumersindo Pardo Reguera. Inspirador de Picasso’'

José Manuel Sande destaca que a exhibición “ofrece unha visión global da obra do autor, en particular da súa faceta como retratista”

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá no Pazo de María Pita a nova exhibición que, desde o próximo venres 17, acollerá a Sala Municipal de Exposicións do Palexco. Gumersindo Pardo Reguera. Inspirador de Picasso pretende mostrar, a través de oitenta pezas, a obra do pintor, político e farmacéutico lugués.  O edil salientou "a grande calidade como retratista" de Pardo Reguera, "que se iniciou na pintura superados os 40 anos", do que constan, precisamente, dous retratos no primeiro andar do pazo municipal: Eusebio da Garda (1896) e José Marchesi Dalmau (1897).  "Ademais dos retratos, eixe fundamental da súa obra, na exposición haberá escenas de xénero, bodegóns e mesmo obra relixiosa, documentando así, dun xeito global, a produción do autor", especificou Sande.

Xunto aos 30 óleos, a exposición contará con outras pezas, como 20 bonecas realizadas pola filla de Pardo Reguera, debuxos e gravados, ademais de paneis explicativos que mostrarán a súa relación con Pablo Picasso durante a súa estadía na cidade, entre 1891 e 1895, cando o pintor era neno. Segundo o comisario da exposición, Rubén Ventureira, e o coordinador de Arteca e co-organizador da mesma, Francisco Muíños, a influencia de Pardo Reguera sobre Picasso foi chave no desenvolvemento da obra do malagueño, unha tese que defenden ao comparar distintas obras dos autores.

Gumersindo Pardo Reguera. Inspirador de Picasso inaugurarase o próximo venres 17 de febreiro, ás 20.00 horas, e poderá visitarse até o día 26 de marzo, todos os días, na Sala de Exposicións do Palexco en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

Preguntado polos medios de comunicación sobre os plans do Goberno local respecto ao edificio onde se atopa a Casa Museo Picasso, na rúa Picavia, o edil de Culturas afirmou que o Concello renovou o aluguer do terceiro piso do inmoble --no primeiro andar está situado o espazo expositivo municipal--. "Hai varios proxectos en marcha vinculados á Casa Museo, en canto ao contido, para darlle uso a outras dependencias do edificio", explicou Sande, pero descartou, polo de agora, "completar a ausencia de obra de Picasso con novas adquisicións, que sería moi ambicioso e custoso para o Concello". "A idea é coordinarse con cidades como Barcelona e Málaga para ocupar un lugar no imaxinario de Picasso, pero con funcións máis vinculadas á documentación ou investigación", expuxo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión