Concello da Coruña

Concello da Coruña

Le paradis

A artista visual galega María Ruido inaugura ‘Le paradis’, exposición que reúne as primeiras pezas da súa traxectoria.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/04/2018 ata o 03/06/2018

Xa rematou

Horario:

 981 21 60 15

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

gratuita

Un autorretrato a partir da apropiación do material fílmico de dúas películas que orbitan arredor da figura de Margaritte Duras.

Esta é a premisa que dá comezo a 'Le paradis', a exposición retrospectiva de María Ruido coa que o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico pon o foco nesta portentosa artista galega (Xinzo de Limia, Ourense, 1967), no marco do programa SINAIS, adicado ás correntes do cinema galego máis independente e arriscado, ao tempo que comeza a serie de actividades previas á celebración do evento cinematográfico, que terá lugar na cidade de A Coruña do 25 de maio ao 3 de xuño de 2018.

Coa instalación 'Le paradis' e como foco da sección SINAIS, a Mostra quere reivindicar o perfil da incisiva artista visual, investigadora e produtora cultural, que visitará A Coruña o vindeiro 21 de abril para inaugurar a exposición 'Le paradis' e o ciclo 'La imagen que piensa', que comprende grande parte da súa produción audiovisual.

Trátase dunha proposta que expande a participación de Ruido nesta 9º edición da Mostra co obxectivo de ofrecer unha mirada completa ao estimulante traballo interdisciplinar da galega, no marco da sección SINAIS, centrada en ofrecer unha panorámica sobre o cine máis suxerente feito en Galicia.

A traxectoria de Ruido comezou en 1998 con traballos que xa desde os seus inicios afondarían na construcción social do corpo e a identidade, os imaxinarios do traballo no capitalismo postfordista, e nas novas formas da memoria en relación aos relatos oficiais da Historia.

En 'Le paradis', e mediante o uso de fragmentos das películas 'Nathalie Granger' (1972) de Marguerite Duras e 'En rachâchant' (1982) dirixida por Danièle Huillet e Jean-Marie Straub con guión da propia Duras, Ruido esboza un fráxil autorretrato ubicado no paraíso da infancia, pero como un espazo cheo de conflitos e contradiccións.

A exposición, ademais, reúne os seus primeiros traballos, realizados durante o final dos anos 90 na histórica Escola de Imaxe e Son de A Coruña, en Someso; no que é un "regreso ao paraíso", como declarou a artista galega afincada entre Madrid e Barcelona.

As obras, que poderán verse en formato instalación, son 'Ethics of Care' (1999), 'Hansel y Gretel' (1998), 'Cronología (1998)', e 'La voz humana' (1998).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión