Concello da Coruña

Concello da Coruña

Leiva - Xira Tour 2019

Non perdas o concerto de Leiva - Xira Tour 2019 (Coliseum) o próximo 11 de maio de 2019.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/05/2019

Xa rematou

Horario:

A apertura de portas será ás 20:30 h e o comezo do concerto está previsto para as 22:00 h.

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Pista - 28 €

Tendido baixo e tendido medio - 25 €

Organiza:

Señor Lobo SL

Documentos:

Autorización acceso concerto menores de 16 anos (47 KB)

O venres 14 de decembro Leiva publica o primeiro sinxelo do que será o seu próximo disco, o cuarto na súa carreira en solitario.

"No te preocupes por mí" está dispoñible en formato sinxelo dixital (en todas as plataformas) e nunha edición especial en vinilo 7". Coa estrea da canción, tamén podemos gozar do seu novo videoclip rodado en Barcelona, dirixido por NYSU e producido por GARAGE FILMS.

Leiva leva na música desde principios dos 90 pero a súa carreira en solitario iníciase en 2012, co disco "Diciembre", e, seis anos despois, conta con tres álbums de estudo ás súas costas, numerosas colaboracións, e unha indubidable faceta como produtor (na que destacan os aclamados discos "Lo niego todo" de Sabina e "11" de Abel Pintos).

Recoñecementos como o Premio Rolling Stone ao Mellor Disco Do Ano, Premio 40 Principales ao Artista Rock Do Ano, premio Los 40 Music Awards ao Artista Do Ano, e varios nomeamentos nos Latin Grammys avalan a súa carreira. O broche de ouro tivo lugar en febreiro de 2018, cando se fixo co Goya á Mellor Canción Orixinal por "La llamada", canción coa que tamén estivo nomeado a MELLOR CANCIÓN ROCK na última edición dos Latin Grammy.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión