Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ler cómic é ler: rompamos os prexuizos xuntos.

Último encontro do curso para pais, nais, fillas e fillos, donde tentaremos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a Biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

01/06/2020

Xa rematou

Horario:

de 17.00 a 19.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Número de prazas:

15

Contacto:

brosales@coruna.es

Tel.: 981 184 389

As bibliotecarias partimos da base de que ler cómic é ler. Antes, cando as nais e pais eramos pequenos, todos liamos tebeos. Pero ao medrar, moitos quedamos coa idea de que o cómic é unha lectura menor, de entretemento. Cousa de nenos (co importantes que son as cousas de nenos!). Pero o certo é que o mundo editorial está cheo de propostas de cómics para o público adulto. 

E nós, dende as bibliotecas, demandamos máis cantidade e variedade de cómics infantís e xuvenís. Para os lectores de hoxe, que serán ademáis o lectorado do futuro. Na Biblioteca Os Rosales vemos que os cómics debóranse, e con razón. 

De todo esto e moito máis, falaremos no próximo encontro de nais e pais con rapazas e rapaces de 8 a 12 anos. Veremos que o cómic é unha ferramenta fantástica para despertar o amor pola lectura.

Despois da boa experiencia co anterior encontro seguimos adaptando os encontros en familia á nova situación, dende a casa, a través da plataforma Zoom. 

Inscribídevos e enviarémosvos a ligazón para acceder. Só os nenos e nenas necesitan inscrición.  

¡Agardámosvos!

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión