Concello da Coruña

Concello da Coruña

Maruxa Seoane: achegamento a María Elvira Fernández López

Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López é un proxecto expositivo que profunda na figura de María Elvira Fernández López.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/12/2018 ata o 17/03/2019

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

gratuíta

Organiza:

Fundación Luis Seoane

Contacto:

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

(A Coruña, 24 de xaneiro de 1912 - 25 de marzo de 2003), Maruxa, compañeira inseparable de Luis Seoane, persoa clave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista en 1979, dedicaría a súa vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia, nun proceso que culminaría en 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane na Coruña.

Comisariada polo artista e profesor de arte Juan de la Colina, a mostra nace do desexo de destacar e renderlle homenaxe á personalidade de Maruxa Seoane e, ao mesmo tempo, recoñecer e visibilizar o seu labor, reducido con frecuencia ao papel de 'muller de artista'. Para isto, a exposición reúne unha selección de óleos, fotografías, obra gráfica e documentación diversa, así como varios testemuños, co fin de elaborar o retrato dunha muller do seu tempo, que por vontade propia dedicou a súa vida a Luis Seoane e participou da súa vocación de servizo á cultura galega.

Luis e Maruxa coñécense desde pequenos, xa que eran primos. A súa relación dá comezo durante a adolescencia, e durará ata o falecemento do artista en 1979. Tras o estalido da Guerra Civil, Seoane parte para o exilio con destino á cidade de Buenos Aires. Maruxa acompañarao pouco tempo despois, tras casar con el por poderes. Alí frecuentan a grupos de intelectuais galegos, españois, europeos e latinoamericanos. Maruxa leva a contabilidade, a axenda do artista e exerce de interlocutora con galerías, museos e coleccionistas, encárgase do mantementos dos materiais, da montaxe dos lenzos de pequeno e mediano formato e da imprimación das teas. A partir de 1942, traballa como correctora de probas de todos os proxectos editoriais nos que intervén Luis, e pasa a ser a súa colaboradora imprescindible e participa activamente nalgunhas das iniciativas máis importantes de Seoane no seu labor de dinamizador da cultura galega no exilio, como a revista Galicia Emigrante, editada no seu domicilio, á que contribúe con pequenos textos críticos e receitas de cociña, que tamén aparecerán na revista Correo Literario.

Comprometidos co proxecto do Laboratorio de Formas do Castro e Sargadelos desde 1964, a partir de 1967 alternan as estancias en Galicia e Buenos Aires. Finalmente, en 1969 adquiren un piso na cidade da Coruña, con vistas a esa Torre de Hércules á que Luis Seoane lle dedicara unha das súas obras máis soadas, o álbum de debuxos Homenaxe á Torre de Hércules.

Tras o falecemento prematuro de Seoane en 1979, Maruxa emprende a tarefa de reunir a obra do artista para construír un legado que puidese transcender na súa terra. En 1996, grazas ao seu esforzo, créase a Fundación Luis Seoane, que se establecerá provisionalmente na rúa Durán Loriga da Coruña. En marzo de 2003, Maruxa falece, e tres meses despois, a Fundación trasládase á súa sede actual no antigo Cuartel de Macanaz, un edificio rehabilitado polos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco situado na Cidade Vella da Coruña.

A exposición incluirá material pouco coñecido ou inédito relacionado coa figura de Maruxa Seoane, como cartas, libros e outros documentos, ademais de óleos e debuxos orixinais de Luis Seoane dedicados ou inspirados nela, así como un documental realizado especificamente para a ocasión polo comisario da mostra, Juan de la Colina.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión