Concello da Coruña

Concello da Coruña

'Mauthausen, regreso ao campo da morte'

Trata dun traballo xornalístico onde dous galegos regresan ao campo de Mauthausen onde estiveron presos durante a Segunda Guerra Mundial.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/11/2018

Xa rematou

Horario:

19.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde (até completar a capacidade)

Organiza:

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica

Contacto:

981 184 293

A través da narración pódese coñecer coa súa propia voz a arrepiante experiencia de estar internado nun campo nazi e sobrevivir.

Os protagonistas do documental son Enrique Doval de Lugo e Joaquin Balboa de Ourense. Viaxamos con eles a Austria no mes de outubro de 1979. Trátase dunha produción dos servizos informativos da Televisión de Galicia con guión e dirección de Manuel López Torrente, imaxes de Alex Adonis, montaxe de Jose Pernas e produción de Xabier Trepat.

* Ó rematar haberá un encontro e debate co realizador do documental Manuel Torrente, o experto en deportación Eladio Fernández Manso e a familiar de deportados Encarna Díaz e ao que asistirán tamén outros  familiares. 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión