Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Mi reino"

Exposición de Jorge Labandeira

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/04/2021 ata o 08/05/2021

Inauguración o venres 9 de abril ás 20.30 h

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 11.00 h a 14.00 h, sábados de 12.00 h a 14.00 h e de 18.30 a 20.30 h, domingos de 12.00 h a 14.00 h

Enderezo:

Bomoble. Rúa Nosa Señora do Rosario 11, Bajo. 15011 A Coruña

Organiza:

Bomoble

Documentos:

C.V do artista (136 KB)

"Mi reino" fala sobre a memoria dun neno.

Fragmentos independentes da nenez que conforman un todo.

Mestúranse a alegría e o medo con recordos borrosos que exponenciamos e idealizamos cara ao

Ben ou mal.

Un paseo pola memoria que non ten voz. Unha maneira de lembrar sen pensar. Expresión que conta cousas que non sabía.

Todos os reinados teñen o seu fin. Pero tamén o seu principio.

O meu reino -O que es á parte do eu-

E hai sempre un rei.

Ou unha raíña.

Un pai, unha avoa, un tío, unha nai...

Pero sempre goberna alguén.

E non o hai.

E hai unión.

E non a hai.

E hai familia.

E non a hai.

E todo iso, nun momento,

derrúbase.

Todo o imperio cae,

ladrillo a ladrillo.

Ao principio non se é consciente.

Pero aos poucos velo.

Os que sobraban desde o principio,

son os primeiros en irse.

Cando non hai gobernanza, cando perdes unha ficha das importantes,

todo se desmorona.

E nese momento decátaste de que o imperio era máis débil do que crías.

E quedan físgoas de po e algunha cousa barata para o recordo.

E hai quen segue vivindo alí.

E hai quen busca outros reinos que gobernar.

E hai quen queda só.

E hai quen constrúe outro reino, esperando que o seu non se derrube.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión