Concello da Coruña

Concello da Coruña

Miradas inalterábeis

O retrato fotográfico de Gabinete na Coruña no século XIX Fondos e Coleccións do Arquivo Municipal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/09/2020 ata o 29/11/2020

Xa rematou

Horario:

de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h., todos os días.

Enderezo:

Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1, Bj. 15001 A Coruña

A exposición consta de 131 fotografías orixinais en distintos formatos representativas dos principais gabinetes da cidade. Retratos de homes, mulleres e nenos, individuais e en grupo. Tamén, un conxunto de obxectos ata completar case 180 pezas, entre as que caben suliñar miniaturas e daguerrotipos, ademais pezas da época. Contextualiza física e cronolóxicamente, catro reproducións fotográficas das rúas da Coruña e dúas grandes vistas da cidade que enmarcan o periodo estudado.

A mostra pretende dar difusión a unha parte do rico patrimonio documental que custodia o Arquivo Municipal, homenaxear aos doantes que axudaron a conformalo e dar a coñecer unha parte importante da nosa historia. Para iso editouse un catálogo da exposición que conta con dous estudos, un escrito polos comisarios e outro do que é autor Alfredo Sellier.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión